Remata a obra da Escola das Pedreiras de Esteiro #Recuperación #EsteiroVello #EscolaPedreiras

A obra acometida polo Goberno de Ferrol recupera para os veciños un espazo de 270 metros cadrados que languidecía na intersección de tres rúas de Esteiro Vello

Dúas cadeiras fora de escala danlle personalidade propia a unha praza que rende homenaxe a antigas escolas para meniños da cidade

O Goberno local ven de rematar este luns a obra da Praza Escola das Pedreiras, no barrio de Esteiro Vello. Ven a recuperar para os veciños un pequeno espazo de 270 metros cadrados, na intersección das rúas Españoleto, Carlos III e Fernando VI, que estaba no desleixo, ateigado de coches mal estacionados e sen utilidade como lugar de convivencia.

A obra, adxudicada a Prosema Noroeste, SL. por un importe de 46.935,90 euros, comezara a primeiros do ano 2017. É un proxecto da Oficina de Rehabilitación con cargo ao ARI de Esteiro Vello.

Esta pequena praza, que se suma aos espazos recuperados para os peóns, quere renderlle homenaxe as antigas escolas de meniños da cidade, chamadas popularmente como ‘escolas de cagóns’. Incorpora dúas cadeiras fora de escala, que convidan aos veciños a probalas e que recordan as vellas escolas nas que os alumnos tiñan que carrexar as súas propias cadeiras.

Doutra banda, desde a Área de Urbanismo, informan do remate da reurbanización da rúa Manuel Comellas, no barrio de Ferrol Vello, logo de que a concellería requirise da empresa concesionaria, Copcisa SA, o levantamento e reposición dun pequeno segmento do aglomerado no remate da rúa.

Esta obra principiara no mes de xaneiro, cun orzamento de 274.724, 24 euros. Resta a colocación do alumeado, que se atrasou por un problema no subministro dos puntos de luz (LED) dos mesmos a concesionaria.

A intervención muda a faciana desta rúa, na que se localiza un pequeno consultorio do Sergas. A rúa Manuel Comellas conta agora cunha nova pavimentación xeral que combina lousa de pedra e adoquín, seguindo o modelo de Ferrol Vello.

O carril para os vehículos suma tres metros de ancho, é de formigón desactivado e únicamente permite o estacionamento en batería nun lateral dereito do viario. Plantáronse árbores -cerdeiras xaponesas- todo ó longo da rúa, na que foron renovadas e soterradas todas as redes de instalacións eléctricas, pluviais e residuais e de telecomunicacións. A rúa conta agora tamén cun pequeno espazo verde na esquina con San Antonio, no que foi sementado céspede.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s