O goberno aposta dinamizar os mercados municipais de proximidade coa campaña ‘Quere o teu mercado” #Mercados #Dinamización #Proximidade’

Arranca este venres 19 con degustacións, música, obradoiros de meniños, sorteos e agasallos

O Goberno local ven de presentar unha campaña de dinamización dos mercados locais do municipio, baixo o nome ‘Quere o teu mercado’, que leva aparelladas unha serie de actividades a desenvolver na derradeira quincena do mes de maio, do 19 ao 3 de xuño.

Foi presentada hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Servizos e Mercados, Luis Victoria e o técnico municipal da OMIC. Busca, segundo expuxeron, dinamizar as compras nos mercados, apostando polos produtos frescos e locais, coas vantaxes dun trato achegado e personalizado recuperar o gusto pola busca directa dos alimentos que logo habemos de cociñar.

A campaña vai acompasada dunha serie de actividades con degustacións de balde de diversos produtos, regalos, música en directo, clases de zumba, obradoiros para os mais cativos e o sorteo de tres cestas da compra valoradas en 100 euros

As actividades serán idénticas nos tres mercados en tres fins de semana consecutivas no mesmo horario de 12 a 14 horas, nas datas indicadas.

A Magdalena: Venres 19 e sábado 20

Recimil: Venres 26 e sábado 27

Caranza: Venres 2 e sábado 3

Venres:

Música en Directo de 12 a 14 horas.

Degustacións gratuitas de produtos de mercado: de 10 a 14 horas.

Reparto de regalos do día do mercado (bolsas e mandiles): de 10 a 14 horas.

Sábado:

Música en Directo de 12 a 14 horas.

Degustacións gratuitas de produtos de mercado: de 10 a 14 horas.

Reparto de regalos do día do mercado (bolsas e mandiles): de 10 a 14 horas.

Obradoiro Infantil de Cociña: Horario de 11:30 a 13:30.

15 prazas. Inscrición previa ou no mesmo día se quedan prazas. 981 94 49 12

Clase de Zumba:  11:00 Inscrición previa  ou no mesmo día se quedan prazas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s