Esta mañá tivo lugar no Concello de Ferrol unha xuntanza de traballo entre a dirección de Navantia encabezada por Julio Martín e o alcalde de Ferrol Jorge Suárez en compaña da concelleira de Urbanismo María Fernández Lemos e catro técnicos máis de Urbanismo e Planeamento.
O obxecto da devandita xuntanza foi dar pasos na redacción do Plan de Modernización do Estaleiro. Nun ambiente cordial, distendido, positivo e produtivo, que se estendeu, a dita reunión tivo unha duración de aproximadamente, dúas horas, na procura de combinar axeitadamente os requerimentos de seguridade de Navantia coas vontades e proxectos urbanísticos do Concello para recuperar espazos para os veciños.
Advertisements