A EDUSI ‘Ría de Ferrol, Cidade 2020’,Ferrol – Narón obtén os 10 millóns de Fondos Europeos #Emprego #BenestarSocial#Urbanismo #Edusi

Esta mañá en rolda de prensa o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo María Fernández Lemos, logo de coñecer unha das mellores novas polas que agardaba esta cidade desde hai meses que é a obtención de 10 millóns de euros de Fondos FEDER da Unión Europea que supoñen unha inxección de optimismo a media ducia de obxectivos estratéxicos (Ola Mar, Ferrol Mola, TIC, Patrimonio da Humanidade, Smart Ría de Ferrol, Cidade 2020 compacta e vertebrada..) centrados en tres eixos: Emprego, Benestar Social e Urbanismo, que redundarán sensiblemente na mellora da calidade de vida dos veciños de Ferrol en Narón.

A resolución das axudas foi publicada no Boletín Oficial do Estado deste luns 22 de maio.

Ferrol e Narón presentaron, por primeira vez, unha candidatura conxunta como área metropolitana denominada  Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado (DUSI), a esta nova convocatoria do Plan Urban 2014-2020, que da acceso as axudas da Unión Europea (Fondos FEDER). 

A estratexia Ría de Ferrol 2020, obtivo o máximo de fondos aos que podía aspirar, 10 millóns de euros por número de habitantes cun reparto entre municipios estipulado no 75%-25%.

Esta boa nova súmase a que xa fora comunicada o pasado 12 de maio, coa obtención dunha axuda de 2,5 millóns do Espazo Atlántico, para a recuperación do borde litoral e a valorización do patrimonio militar en desuso, cun proxecto internacional entre Estados Atlánticos da UE liderada por Ferrol xunto a outras 7 cidades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s