Este xuño, a cultura sae ás rúas na procura do público #CulturaFerrol #ViveCultura

Arrancan a V edición de EsteNarúa, o Festival de teatro afecionado, ao que segue Fóra do Mapa, Videoclips a Esgalla e Vai de Baile, adicado a danza contemporánea

É o inicio dun mes no que a cultura sae dos espazos habituais as rúas para buscar aos espectadores con valentía”, manifestou o edil

 Este mes de xuño, a Cultura, con maiúsculas, sae dos espazos habituais para encher de vida as rúas con valentía na procura do público.

Así o manifestaba hoxe o concelleiro de Educación, Cultura e Festas, Suso Basterrechea, este martes en rolda de prensa na presentación da V edición do Festival EsteNaRúa, o festival internacional de Teatro Amador e artes escénicas, que empurra Ti e Mais Eu Teatro, con respaldo da Concellería de Cultura, e que se vai desenvolver do 1 ao 4 de xuño combinando teatro, música, danza, maxia e poesía.

Un evento singular e multidisciplinar, ‘o mais importante de todo o Noroeste da Península Ibérica’, que chega a súa V edición cunha programación extensa e coidada que terá a súa base operativa nun hotel céntrico da cidade os días 1,2,3 e 4 de xuño.

Nada mais rematar, EsteNaRúa, tomará o relevo a II edición de Fóra do Mapa, que foi presentado por Cristina Moreira e Iolanda Muíños, do 5 ao 11 de xuño.

Fóra do Mapa pretende, precisamente, pór Ferrol no mapa escénico e artístico de Galicia, apuntan desde a organización. Entrar a formar parte do roteiro de festivais de arte do país e, para iso, contaremos coas actuacións dunha escolma de compañías galegas, que faltaron da programación ferrolá nestes derradeiros anos, contando á súa vez co grande talento local na escena e con convidados doutros puntos do estado.

Fóra do Mapa busca ser o punto de unión dos profesionais da escena, artellar redes entre aqueles que traballan na comarca, divulgar o teatro contemporáneo, e pór en valor o noso patrimonio arquitectónico a través da axitación artística.

Nesta segunda edición, o festival terá lugar en distintas localizacións do barrio ferrolán de A Magdalena, coa sede central no edificio do Centro Cultural Torrente Ballester.

Pódese consultar toda a programación na web www.foradomapa.net. Ocupará distintos espazos emblemáticos como o Teatro Jofre, o CTB, o forno Galiano, a ferrallería Sanchís, en Ferrol Vello e os xardíns do Parador. Entre as novidades a destacar nesta edición, o obradoiro de Adolfo Simón, a presenza da compañía Señor Serrano, e o autoroteiro guiado de Lúa Gándara.

Videoclips a Esgalla e Vai de Baile 2017

Doutra banda, xa está a piques de iniciarse a segunda mostra de VideoClips a Esgalla 2017, do 15 ao 30 de xuño, que tan bo resultado e participación obtivo no pasado ano. É unha mostra adicadas aos videoclips de formacións e solistas da comarca de Ferrolterra. A convocatoria xa está publicada no taboleiro de anuncios da nova web municipal.

Desde a concellería de Cultura, faise un chamado a todos os artistas e bandas para que participen desta mostra onde se pretende dar a coñecer aos nosos talentos e ao mesmo tempo ser escaparate e punto de encontro dos diferentes creadores. Aínda que a nosa intención e darlle maior protagonismo aos máis recentes traballos dos nosos músicos e realizadores, aceptamos pezas de tódalas décadas e estilos.

Os vídeos deben ter unha duración de entre 1 e 9 minutos. Cada participante poderá presentar o número de obras que desexe. Só se aceptarán videoclips de grupos ou solistas afincados na comarca de Ferrolterra (Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Moeche, Somozas, San Saturnino e Cedeira). Quedan excluidas gravacións de actuacións en directo ou realizacións de espectáculos en vivo.

Todos os interesados poderán achegar os seus traballos entregando ata o luns 29 de

maio de 2017 (incluído) no Rexistro Xeral do Concello a ficha técnica oficial cuberta

(unha por cada videoclip) -achegamos a ligazón http://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/taboleiro/cultura/esgalla/VideoClips%20a%20Esgalla%202017%20-%20Ficha%20Inscripci%C3%B3n.pdf – e o DVD contendo a(s) peza(s), dentro dun sobre e indicando no exterior: “Videoclips a Esgalla 2017; Concello de Ferrol – Negociado de Cultura – Praza de Armas s/n 15402 Ferrol (A Coruña)”.

A programación de xuño, apuntaba hoxe o concelleiro Basterrechea, complétase cunha nova edición de Vai de Baile adicada, especificamente a danza contemporánea, que toma as rúas e que será presentada en breve polo miúdo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s