O Concello de Ferrol fará unha dobre convocatoria 2016/2017 das subvencións a entidades deportivas e escolas base #DeporteFerrol

A concellería de Deportes simplifica os trámites e unifica as dúas anualidades para recuperar a que non se fixo no 2016 “con carácter extraordinario e retroactivo”

Precisa dun modificativo de crédito de 90.000 euros que iría a pleno o mes vindeiro

Basterrechea adiantou que xa se enviaron as cartas para formalizar as subvención nominativas e eloxia a ‘brillantez’ que esta a vivir o deporte local

 O concelleiro Deportes, Suso Basterrechea, deu conta este mércores da convocatoria das subvencións para clubes deportivos e escolas de base 2016 e 2017 que ademais de simplificar os trámites, de forma extraordinaria terá carácter retroactivo para paliar a ausencia de achega pública municipal do ano pasado.

O concelleiro de Deportes, que asumiu esta responsabilidade en novembro do 2016, expuxo que ven de conquerir, por parte da Intervención, un informe favorable a convocatoria, con caracter extraordinario e retroactivo das subvencións ao deporte de base que non se convocaron no pasado ano.

Con este fin, Basterrechea avanzaba que a primeiros de xuño, iría a pleno extraordinario un modificativo de crédito por un importe de 90.000 euros con este obxectivo.

“Aínda que tarde, tratamos de paliar o acontecido no pasado ano facendo de forma conxunta as subvencións 2016 e 2017 para, de acordo as instrucción dos técnicos, simplificar os trámites ao unificar as axudas que antaño se dividían entre clubes de base e escolas deportivas nunha mesma subvención”, expuxo Basterrechea.

O esforzo foi máximo por parte de Deportes, destacaba hoxe o seu concelleiro, que poñía en valor o traballo feito polos funcionarios do deparamento con escaso personal, para sacar a adiante a convocatoria e subsanar erros do pasado con subvencións que non se axustaban ao regulamento de Participación, explicaba o concelleiro, quen lamentou a supresión do Padroado de Deportes por parte do goberno anterior.

Doutra banda, en paralelo, o concelleiro de Deportes informou de que onte mesmo comezaron xa a enviarse as cartas para as subvencións nominativas para formalizar as da tempada 2016/2017. “Non vou afondar nas causas do retraso, do mesmo xeito que non houbo Gala do Deporte no ano pasado, pero traballamos para poñernos ao día, con moito esforzo e tesón e co menor prexuízo posible e creo que avanzamos na liña correcta”, rematou.

O concelleiro quixo poñer o acento no momento deportivo ‘particularmente brillante’, que está a vivir a cidade cos exemplos próximos de O Parrulo, ascendido a División de Honra, que será recibido est tarde no Concello, ademais do Universitario, o Triatlón, o Club de Remo da Cabana o Rugby Ferrol e o Valdetires, entre outros exemplos. “Agardo non esquecer a ningún”, apuntou.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s