Xornalistas de sete medios nacionais e internacionais centrados no turismo visitan Ferrol esta fin de semana #Promocion #TurismoFerrol

O percorrido, organizado desde a Concellería de Turismo, pasa polo Camiño Inglés, a Costa Ártabra (LIC), o Arsenal, o Castelo de San Felipe e Exponav

Xornalistas de sete medios nacionais e internacionais centrados no turismo visitarán Ferrol nesta fin de semana para empaparse de patrimonio natural e histórico militar e promocionar os encantos urbanísticos, paisaxísticos e gastronómicos da urbe naval entre os seus miles de lectores.

A visita, organizada desde a Concellería de Turismo, arranca este venres 26, e remata o domingo 28. Conta coa colaboración do Hotel Carrís Almirante, que aloxa de balde aos 7 xornalistas, chegados desde Madrid e Barcelona, e os convida a unha cea.

Os sete serán recibidos mañá pola tarde polo concelleiro de Turismo, Suso Basterrecha, no inicio dunha fin de semana con especial atención a promoción do Camiño Inglés, que arranca desde Curuxeiras, a promoción da Costa das Ondas e o Slow Turismo, ademais, por suposto do Turismo Activo, que centra parte da fin de semana

Aquí tedes o listado dos xornalistas que participan e os medios nos que traballan:

-Sandra Romero, escribe para o diario El Mundo e www.ocholeguas.com


-David Bigorra, de la revista de turismo online
Qtravel

-Guillermo Cachero, de otrosdestinos.com


-Hernando Reyes, de
Topviajes.net

– Marta Cuadras, da revista Viajes National Geographic

  • Miguel Ángel Violán, da revista The MICE Travel & Events Tourism (revista especializada en turismo de reunións, congresos e empresas)

  • PROGRAMA DA VISITA

Día 26:

17:30 Recepción do concelleiro de Turismo.

18:00 a 20:00, visita guiada polo Camino Inglés. Oficina de turismo de Curuxeiras.

Día 27:

11:00 Visita guiada a Ruta de las Meninas de Canido, con Eduardo Hermida. Cómpre destacar que 18 das 230 Meninas existentes, pódense visionar con realidade aumentada a través dunha app específica.

12:30 a 14:30 Ruta pola ría en barco e parada en San Felipe.

16:30 Percorrido pola Costa Ártabra en bus, acompañados por un monitor da SGHN. Praias de Doniños, San Xurxo, Esmelle e Santa Comba con miniroteiro.

Día 28:

11:00 Arsenal Militar e Exponav, Teatro Jofre, xoia modernista de Ferrol que celebra o 125 aniversario, e paseo polo parque Raíña Sofía e Concatedral de San Xiao.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s