A “caravana da seguridade” viaria da Fundación Mapfre chega á cidade #EducaciónVial #SeguridadeTráfico #FacendoCidade

Dende este martes e durante esta semana estará na Praza de España a caravana da Fundación Mapfre que ficará toda esta semana ata o 2 de xuño na Praza de España cun calendario completo de visitas dos centros escolares do municipio que así o solicitaron.

É un proxecto enfocado a escolares de 8 a 12 anos para achegar a seguridade viaria e buscando a participación activa do profesorado como peza crave da formación dos nosos mozos.

Está actividade, que conta co respaldo da Área de Seguridade e Tráfico, pasa pola ubicación dunha caravana dotada dunha aula formativa na que os escolares reciben unha breve sesión teórica sobre conceptos básicos de circulación nos distintos roles (peón, condutor e viaxeiro), impartida por monitores especializados.

Cada ano, a caravana da Fundación Mapfre, escolle 18 cidade do Estado e outras 6 en Portugal para o desenvolvemento desta actividade.

Tras a sesión teórica realizan prácticas en karts eléctricos nun circuíto de tráfico onde se expoñen situacións reais coas que poden atoparse na súa contorna máis próxima, propoñéndolles como desenvolverse nel respectando as normas de seguridade e convivencia viaria.

Ademais, a actividade conta co ‘Recuncho da prevención’, onde os escolares aprenden a identificar situacións de risco potencialmente perigosas no colexio, fogar e espazos públicos; e aprenden nocións básicas de actuación en caso de incendio.

Os obxectivos principais que se pretenden alcanzar son:

-Promover comportamentos e actitudes responsables, cívicas e seguras dos escolares en relación co tráfico, abordándoo desde diferentes perspectivas: como peóns, viaxeiros en turismos, viaxeiros en transporte escolar, ciclistas e condutores.

-Previr a ocorrencia de accidentes viarios e reducir as situacións de risco do colectivo infantil como usuario das vías.

-A caravana ten dúas quendas, un de mañá e outro de tarde, que se axustan ao horario escolar.

Pola mañá poden recibirse ata 240 nenos en grupos de 25/30, -o prazo para os centros escolares xa rematou co cupo completo e pechado- e as tardes resérvanse ao público en xeral, asociacións, ludotecas, clubs deportivos, aínda que tamén poden citarse colexios se así o solicitan.

Na súa visita de onte o concelleiro Álvaro Montes avanza o proxecto de Camiños Escolares seguros no que traballa o Concello de Ferrol, cun primeiro proxecto piloto no centro CEIP Isaac Peral do barrio de Esteiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s