Aberto o prazo de inscrición do Programa de Formación para o Emprendemento Sostible #Emprego #EmprendementoSostible #FacendoCidade

O Centro de Emprego do Concello de Ferrol desenvolverá durante o mes de xuño accións formativas dirixidas ao fomento da actividade emprendedora nas que combinará sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas no Concello de Ferrol e na súa contorna.

Por un lado, desenvolverase un obradoiro de Motivación para o Emprendemento Sostible que se celebrará o día 8 de xuño, en horario de mañá das 10:00h ás 14.00h, e que estará dirixido a aquelas persoas que estean valorando a posibilidade de emprender.

Por outro lado, os días 19, 20, 21 e 22 de xuño, en horario de mañá das 10:00 ás 14:00h terá lugar o Campus de Emprendemento Sostible dirixido a aquelas persoas que teñan unha idea de negocio e queiran poñela en marcha.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar nestas accións formativas poden inscribirse ou ben no Centro de Emprego do Concello de Ferrol (R/ Sagrada Familia, 56, teléfono 981 94 41 95)) ou ben a través da páxina www.ferrol.es/emprego.

https://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=598

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s