Na axenda cultural desta semana #FóraDoMapa e moito máis.. #CulturaFerrol #ViveCultura #FóraDoMapa

DO 5 AO 11, de XUÑO
www.foradomapa.net
A revolución cultural nas rúas. Hoxe co obradoiro de Adolfo Simón. Sorpréndete e deixate sorprender.Fóra do Mapa pretende, precisamente, pór Ferrol no mapa escénico e artístico de Galicia, apuntan desde a organización. Entrar a formar parte do roteiro de festivais de arte do país e, para iso, contaremos coas actuacións dunha escolma de compañías galegas, que faltaron da programación ferrolá nestes derradeiros anos, contando á súa vez co grande talento local na escena e con convidados doutros puntos do estado.

Fóra do Mapa busca ser o punto de unión dos profesionais da escena, artellar redes entre aqueles que traballan na comarca, divulgar o teatro contemporáneo, e pór en valor o noso patrimonio arquitectónico a través da axitación artística.

Nesta segunda edición, o festival terá lugar en distintas localizacións do barrio ferrolán de A Magdalena, coa sede central no edificio do Centro Cultural Torrente Ballester.

Pódese consultar toda a programación na web www.foradomapa.net. Ocupará distintos espazos emblemáticos como o Teatro Jofre, o CTB, o forno Galiano, a ferrallería Sanchís, en Ferrol Vello e os xardíns do Parador. Entre as novidades a destacar nesta edición, o obradoiro de Adolfo Simón, a presenza da compañía Señor Serrano, e o autoroteiro guiado de Lúa Gándara.

 

MÉRCORES 7 DE XUÑO, JOFRE 21:00
BRICKMAN BRANDO BUBBLE BOOM

Compañía: AGRUPACIÓN SEÑOR SERRANO

SÁBADO 10 DE XUÑO, JOFRE 21.00 h
THE LIMBOOS
DOMINGO 11 DE XUÑO, AUDITORIO FERROL  12.00 h
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s