Este venres abre o prazo de inscrición para os campamentos temático para conciliar no verán 2017 #BenestarSocial #Infancia #FacendoCidade

Por primeira vez, terán distintas sedes na zona rural e urbana do municipio con 460 prazas para nenos de 3 a 13 anos en xullo e agosto

PequeEmprende, Lendas de barrio: memorias para o futuro e Parque Natural vanse desenvolver en Serantes e Santa Mariña, Praza de España, Esteiro e Ferrol Vello e Esmelle e Covas

O prazo de inscrición ábrese o venres 9 ata o 16 de xuño, ambos inclusive, no Rexistro Xeral do Concello e as prazas dispoñibles cubriranse por rigoroso orde de inscrición

Por primeira vez, o Concello de Ferrol programa os seus campamentos de verán co ánimo e a vontade de favorecer a conciliación familiar e laboral co aprendizaxe didáctico nos meses de xullo e agosto con 5 campamentos urbanos e rurais con preto de 400 prazas para nenos de 3 a 13 anos nos barrios e parroquias do municipio con obradoiros de robótica e emprendemento, actividades centradas na conservación ambiental e na propia construción da cidade nos ollos dos pequenos.

A concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, ao termo da comisión informativa de área, presentou hoxe a programación dos cinco obradoiros temáticos para os meniños e meniñas do Concello, que veñen a completar a oferta da Concellería de Igualdade para os meses de vacacións escolares que xa se avanzaran co PequeEmprende, para Serantes e Santa Mariña, que xa fora presentado días atrás.

En total, serán cinco campamentos temáticos que se reparten entre Serantes, Santa Mariña, Covas e Esmelle, Praza de España e Ferrol Vello con preto de 400 prazas (380) nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 para nenos de 3 a 13 anos, divididos por grupos de idade.

Son completamente de balde e as prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición. O prazo abre o venres 9 ata o 16 de xuño no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, no horario habitual, onde estarán as fichas para formalizar a inscrición a disposición dos interesados.

Para optar a un dos obradoiros, a escoller entre os cinco ofertados, será imprescindible que o menor estea empadroado no Concello de Ferrol no día da apertura do prazo das solicitudes, agás os menores acollidos por familias do Concello ao abeiro do programa Vacacións en Paz.

  1. PequeEmprende:

    -no pavillón de Santa Mariña (xullo), con 80 prazas

    -na AVV Serantes, (agosto), con 80 prazas.

  2. Lendas de Barrio, memoria para o futuro:

    -Xullo: Ludoteca da Praza de España e praza de Sevilla. 40 prazas.

    -Xullo, Esteiro (AVV San Carlos): 40 prazas

    -Agosto, Ferrol Vello (Centro Cívico e Praza Vella): 80 prazas

  3. Parque Natura 2017:

    -Xullo: AVV Esmelle, 70 prazas

    -Agosto: AVV Covas, 70 prazas

Os menores que non obteñan prazas, crearase unha lista de espera e iranse incorporando na medida que se produzan as baixas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s