Miradas IV, nova proposta expositiva de vangarda no CC Torrente Ballester #CulturaFerrol #Miradas #FacendoCidade

Este venres 9 de xuño ás 20.00h no Centro Torrente Ballester inaugurase o proxecto Miradas IV, consistente en catro pequenas mostras individuais que conforman á súa vez unha exposición colectiva. Foi presentada hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, acompañado do comisario, David Barro, e de tres dos catro artistas seleccionados para esta mostra coral de vangarda, integrada por Manuel Eirís, Christian García Bello, Alejandra Pombo e Damián Ucieda.

Miradas IV é un proxecto que nace como memoria e como presente, cun ollo no retrovisor e outro en obxectivos novos, noutros nomes e circunstancias, noutras posibilidades, expuxeron hoxe o concelleiro e os artistas da mostra. O ollo do retrovisor mira e evoca o ciclo de exposicións de Miradas virxes, que protagonizou parte da oferta expositiva do Centro Torrente Ballester nos primeiros anos do século XXI, hai xa más de 15 anos.

Hoxe a realidade que deu froito a aquel conxunto de exposicións individuais é ben distinta, seguramente menos eufórica, menos ilusionada, pero igualmente preparada e seguramente máis esixida, en tanto que menos apoiada e con menos expectativas. Manuel Eirís, Christian García Bello, Alejandra Pombo e Damián Ucieda son algúns dos máis destacados representantes desta outra xeración, catro novas miradas en catro pequenas mostras individuais entrelazadas nunha exposición colectiva.

MANUEL EIRÍS. Santiago de Compostela, 1977.

O traballo de Manuel Eirís transita entre varios campos como a fotografía, o audiovisual ou a instalación, pero é no da pintura onde ten o seu desenvolvemento máis amplo. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2003), realizou un Máster en Belas Artes na AKV St. Joost de Breda (Holanda) en 2011 e un posgrao en 2013 no HogerInstituutvoorSchoneKunsten (HISK) en Gante, Bélxica. Entre as súas residencias destacan as realizadas no Centro de Arte e Comunicação Visual Ar.Co en Lisboa (2007) e no MAC Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa na Coruña (2015).

Foi merecedor do Primeiro Premio da V edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas (2007), un accésit no 22 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos (2012) e o Premio Generación 2013 de Caja Madrid (2012). Entre as súas últimas exposicións destacan as realizadas na galería Bacelos en Madrid (2015) ou no MARCO de Vigo (2009). A súa obra atópase en coleccións como as do Centro Galegode Arte Contemporánea (CGAC), Colección DKV, Colección MICA ou a Colección de Pintura Contemporánea Internacional da Fundación Barrié.

CHRISTIAN GARCÍA BELLO. A Coruña, 1986

A nova escultura española ten en Christian García Bello a un dos seus máis importantes representantes. Sintético, con tendencia á poesía, aos espazos transcendentais e amante da paisaxe e o camiñar, a súa obra transita en lugares de meditación, coa medida humana como elemento clave en moitos dos seus traballos. Licenciado en Belas Artes pola Universida de de Vigo en 2009 e máster en Arte Contemporánea. Creación e investigación pola mesma universidade en 2011.

En 2013 recibe a Bolsa INJUVE para a Creación Nova polo seu proxecto Finisterre/Land´sEnd. En 2015 realiza exposicións individuais na galería Formato Cómodo de Madrid —Paciencia y barajar— e no CGAC de Santiago de Compostela —Como tizón quemado—. O seu traballo está presente en importantes coleccións como a Colección DKV, Colección Navacerrada ou Colección CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea. Entre as súas últimas e próximas exposicións está a súa participación na XIII Bienal de Lalín Pintor Laxeiro (Museo Municipal de Lalín, Pontevedra) e Bajo el brazo. En la palma de la mano y la axila, en CaixaForum Barcelona.

ALEJANDRA POMBO. Santiago de Compostela, 1979

Alejandra Pombo móvese con comodidade no linde entre a performance, o traballo videográfico e a escultura. A súa obra é complexa en canto á presenza continua da omisión e a elipse nasúa procura dunha nova narrativa emocional.

Licenciada en Artes Visuais pola Facultade de Belas Artes de Madrid e Máster en Artes Dixitais da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, recentemente finalizou a súa tese doutoral sobre os paradoxos da introdución da noción de performance na arte. Participou en importantes proxectos como a edición 2017 do festival Escenas do Cambio dirixido por Pablo Fidalgo na Cidade da Cultura de Galicia; What is Third na Casa Encendida (2015) dirixida por María Jerez; Primer Proforma (MUSAC, 2010), dirixido polos artistas Txomin Badiola, J. Mikel Euba e Sergio Prego; e Mugatxoan (2009), na Laboral, na Fundação Serralves e Arteleku.  Tamén realizou residencias en I-Park  Foundation (Connecticut, EE.UU.), Atlantic Center for the Arts (Florida, EE.UU.), PACT-Zollverein (Essen, Alemaña), La Casa Encendida, o CA2M e o Ranchito en Matadero Madrid, entre outras.

DAMIÁN UCIEDA. A Coruña, 1980

Damián Ucieda é un dos principais representantes da fotografía en Galicia.
O seu traballo está na liña do dos grandes creadores da imaxe na actualidade. Estudou ilustración na Escola Massana de Barcelona e graduouse en Fotografía pola Edinburgh College of Art en 2007. En 2008 foi merecedor da Bolsa INJUVE e recibiu galardóns como o Premio Julián Trincado da X Mostra Internacional MAC, ou o Helen A. Rose Bequesten Reino Unido, así como o terceiro premio da Fundación Aena de Fotografía.

As súas fotografías foron expostas no Moscow Museum of ModernArt, a National Portrait Gallery de Londres, a Royal Scottish Academy ou a Cidade da Cultura de Galiciaen Santiago de Compostela. Ultimamente destaca a súa individual Intentando golpear ideas na Fundación Luis Seoane da Coruña (2014) e a Fundación RAC de Pontevedra (2016), tamén a súa participación en Miradas a la realidad, MuseoPatioHerreriano de Valladolid (2017) e Semente, no Auditorio de Galicia (2016). O seu traballo está presente en coleccións como a da Fundación Aena, a Fundación Luis Seoane, a Fundación María José Jove ou a Colección Arte Contemporáneo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s