Ferrol acolle segundo ano consecutivo a V Gala Zona Press aos mellores do baloncesto galego #DeporteFerrol #Baloncesto #FacendoCidade

Será o 15 de xuño as 20:00 horas na capela do CTB de Ferrole réndese homenaxe a Vicente Sanchís

Entre os nominados nas 10 categorías, o entrenador do Uni, Lino López, e varias xogadoras do mesmo equipo

Por segunda vez consecutiva, anos 2016 e 2017, a cidade de Ferrol vai acoller a gala de entrega dos premios aos mellores do basket galego nunha celebración que organiza a revista de baloncesto Zona Press.

Será a V edición destes premios do baloncesto que, nas tres primeiras edicións, tiveron lugar na cidade de Lugo e que distingue aos mellores xogadores na pasada tempada. A cita será o vindeiro 15 de xuño, as 20:00 na capela do Centro Cultural Torrente Ballester.

Así o anunciaron na mañá de hoxe o concelleiro de Deportes e Cultura, Suso Basterrechea, e Óscar Losada, coordinador de Zona Press. O edil subliñou a longa e íntima relación da nosa cidade co baloncesto e manifestou a súa satisfacción por ser quen de acoller, novamente, estes premios.

Desde Zona Press, o seu responsable, Óscar Losada, agradeceu a colaboración e boa disposición atopada no Concello e explicou que se van premiar aos mellores e as mellores do baloncesto en 10 categorías entre as que figura os mellores extranxeiros -masculino e feminino-, xogador nun equipo galego, promesas, árbitro, adestrador e xogador en categorías absolutas.

Achégase a relación completa dos nominados nas 10 categorías.

Mellor estranxeira dun equipo galego

Minata Keita (Arxil).

Amy sill (Cortegada).

Shacobia Barbee (Uni Ferrol).

Vandell Andrade (Cortegada)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s