Mañá sábado 10 de xuño entregaránse os premios do 1º Certame de debuxo Canvivindo

O alcalde e o concelleiro de Benestar, entregarán mañá os premios as 11:30 horas no CTB e un diploma a todos os participantes. Mais de 1.300 nenos de 13 colexios públicos e concertados do municipio sumáronse a este I Canvivindo e participaron das charlas de sensibilización de CASAGA

O alcalde de Ferrol, Jorge Suarez, vai presidir este sábado 10, no Centro Cultural Torrente Ballester a entrega dos premios do I Canvivindo, o primeiro certame de debuxo escolar do Concello de Ferrol centrado no contido da ordenanza municipal de Benestar Animal, exemplo de normativa participada que contou con 43 achegas na súa redacción.

Será as 11:30 horas da mañá no espazo cultural. O rexedor estará acompañado do concelleiro da área, Luis Victoria, e ambos farán entrega dos premios aos mellores traballos que serán recoñecidos cun caderno gráfico, para a gañadora, e dous libros electrónicos para os dous accésits.

Nesta I edición do Canvivindo do Concello de Ferrol tomaron parte 13 colexios do municipio. Cada un deles, fixo unha selección dos 5 mellores traballos que foron remitidos ao Concello. Un xurado presidido polo concelleiro de Benestar Animal, reunido o martes 6 de xuño, e no que tomaron parte representantes doutros grupos políticos seleccionou a proposta gañadora, que será a imaxe da campaña informativa do Concello de Ferrol para dar a coñecer ao contido da ordenanza,

En Canvivindo 2017 participaron 1.307 nenos de 13 colexios públicos e concertados de Ferrol, que ademais de remitir as súas propostas en forma de preto de 70 debuxos -5 por cada un dos 13 centros participantes-, tiveron a oportunidade de coñecer da man de CA.SAGA (Cans de Salvamento de Galicia) os consellos e normas básicas para o benestar das súas mascotas, coincienciar no respeto e no coidado, así como descubrir os innumerables beneficios que poden achegar estes a os nosos fogares e coñecendo, as opcións de acollida/adopción a través dos refuxios. O proxecto entra agora nunha segunda fase informativa e formativa para dar a coñecer a ordenanza entre os veciños e veciñas da cidade, a través das entidades veciñais.

Aquí van as ligazóns para ver o traballo feito:

http://www.ferrol.gal/canvivindo

https://www.youtube.com/watch?v=3x6LdThUzt0&feature=youtu.be

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s