O goberno de Ferrol incia os traballos de reposición do pavimento do Paseo Marítimo de Caranza #Obras #FacendoCidade

A actuación comenzaba onte, logo de obter a preceptiva autorización de Costas

Obras encargou un proxecto para a mellora de 1,5 quilómetros do carril bici incluido no POS por 142.000 euros

O Goberno de Ferrol iniciou onte os traballos de reparación do paseo marítimo de Caranza, unha vez que foi recibida a preceptiva autorización da Demarcación de Costas do Goberno central. As tarefas de arranxo e reposición dos elementos rotos e danados comezaron no día de onte a primeira hora da mañá e son executados polo persoal da concellería de Obras. As tarefas de mellora deste espazo no borde litoral para o desfrute colectivo abranguerán toda a lonxitude do paseo na zona de tránsito de peóns e teñen un custe de licitación 141. Ademais das pezas de lousa escachadas polos efectos de dilatación, as roturas tamén afectan a bordos de pedra que asoman e rompen pola acción das raíces das árbores -bidueiros brancos- que bordean o carril-bici, e que afectan á zona do paseo peonil.

As obras realizaranse entre as 8 e o mediodía, tratando de causar o menor impacto para non interromper o paso dos peóns, e estímanse que se prolongarán durante 3 semanas. Toda vez que rematen estas actuacións en Caranza, a cuadrilla centrarase en reparar o paseo da Malata, que tamén precisaba dunha autorización de Costas que foi recibida ao tempo que a de Caranza.

MELLORA DE 1.457 METROS DO CARRIL BICI DE CARANZA

Desde a concellería de Obras, a súa titular, Esther Leira, ven de encargar un proxecto para reparación do carril bici xa que a acción das árbores fai dificultoso o seu percorrido por tramos. Este proxecto figuraba na solicitude que o Concello de Ferrol remitiu a Deputación polo POS e contempla a mellora do pavimento en 1.457 metros e substitución das árbores outra especie que determinen os técnicos de medio ambiente, mais axeitada. Para executar este proxecto, o prezo de licitación é de 141. 965, 91 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s