Ferrol súmase ao “Proxecto Acampa”na defensa dos dereitos dos refuxiados #Paz #Refuxiados #AcampaPolaPaz

Un campo simbólico para persoas refuxiadas que ocupará os xardíns de Méndez Núñez do 15 ao 18 de xuño co ánimo de sensibilizar a cidadanía sobre a crise humanitaria e na concienciación dos dereitos humanos

 Ferrol ven de sumarse hoxe formalmente ao Proxecto Acampa, un simbólico campo para as persoas refuxiadas que ocupará os Xardíns de Méndez Núñez do 15 ao 18 de xuño pretende sensibilizar á cidadanía sobre esta crise humanitaria e, ademais, reclamar das administracións a esixible defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito ao Refuxio.

Foi nunha rolda de prensa na que participa a concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza, Ruíz, acompañada polos responsables da iniciativa, Carmen Armada e Rubén Sánchez, entre outros, ademais de representantes de entidade sociocultural Fuco Buxán e da Marcha Mundial de Mulleres de Ferrolterra.

A participación de Ferrol neste campo improvisado no centro urbano da Coruña ten o ánimo de chamar a atención do país sobre as penosas condicións de vida que sofren acotío os que foxen da guerra, a fame, a intolerancia o a escravitude. A concelleira, Saínza Ruiz, manifestou hoxe que estará presente no día da inauguración, na representación do Concello e de todos os ferroláns e ferrolás solidarias e sensibles con esta problemática por todas as voces suman.

PROXECTO ACAMPA POLA PAZ

O proxecto “Acampa pola paz e o dereito a refuxio”, que así se chama a iniciativa, está promovida pola plataforma cidadá “Coruña Contra a Guerra” e soportada, á súa vez, por outras corenta entidades e institucións públicas e privadas, así como por persoas a título individual. Mediante esta e outras accións propagandísticas, o Proxecto Acampa, que non ten ánimo de lucro, busca, asemade, sensibilizar á cidadanía sobre a crise humanitaria que supoñen os refuxiados e reclamar das administracións a esixible defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito ao Refuxio.

O Proxecto Acampa pretende ser unha plataforma de acción para todos os que queren actuar “pero non sempre saben como”, ante acontecementos tales como “as guerras, a fame, a escravitude, o paro, a violencia, a exclusión… que provocan o éxodo de millóns de persoas; seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio”.

O simbólico campamento para as persoas refuxiadas que se plantará nos Xardíns de Méndez Núñez do 15 ao 18 de xuño é só un da trintena de actos previstos polo Proxecto Acampa para eses tres días, dende espectáculos na rúa ata obradoiros, pasando por conferencias e charlas, proxección de documentais, visitas guiadas e, por suposto, exposicións fotográficas.

Acampa pola paz e o dereito a refuxio” é unha iniciativa cidadá sen ánimo de lucro respaldada por máis de corenta entidades públicas e privadas, dende o Concello da Coruña e Deputación, a Universidade da Coruña, ata Amnistía Internacional, Médicos sen Fronteiras, Médicos do Mundo u Open Arms, así como decenas de persoas a título individual.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s