Comeza a tempada de vixiancia e socorrismo con 44 efectivos repartidos entre 8 praias aptas ao baño #Verán #Praias #Socorrismo

Os socorristas foron contratados directamente polo Concello para un período de tres meses con 7 días de descanso e retribucións conforme ao convenio.

Ferrol renova o 70% dos contedores de quita e pon do centro urbano con 100 novas unidades

O Concello de Ferrol iniciaba este mediodía a tempada estival de salvamento e socorrismo nas praias do municipio aptas para o baño. Os 44 efectivos seleccionados (43 socorristas e un coordinador) asinaron xa os seus contratos laborais por un período de tres meses, ata o 14 de setembro, coas retribucións acorde o convenio e dereito a 6 días de vacacións e un de asuntos propios, con horario de luns a domingo de 12 a 20:00 horas.

A selección e contratación dos efectivos fíxose de forma directa, a través do departamento de Recursos Humanos, cunha convocatoria pública de emprego. Por segundo ano consecutivo, o Goberno local realiza a xestión directa do servizo, ampliando un mes o tempo de servizo con respecto ao 2014, e ampliando o número de efectivos.

O reparto de efectivos por praias é o seguinte:

  1. A Graña: 3

  2. Penencia: 5

  3. Doniños: 11

  4. San Xurxo: 5

  5. Esmelle: 5

  6. A Fragata/Vilar: 8

  7. Santa Comba-Marmadeiro: 3

  8. Ponzos: 3

Está previsto reforzar o servizo de Doniños e Esmelle, sumando un socorrista en cada unha das praias, toda vez que se cubran os dous postos vacantes a través dunha nova convocatoria pública de emprego para aqueles candidatos que cumpran cos requisitos e non puideron concorrer a primeira oferta.

As catro praias que lucirán neste verán o distintivo de Bandeira Azul que certifica a súa calidade ambiental terán completos todos os servizos nesta fin de semana e quedan pendentes reparar ou completar os pasareas -pasarelas de madeira que facilitan a accesibilidade- e a colocación dos letreiros informativos nas dos litoral. Traballase no acondicionamento das praias urbanas de Caranza, A Cabana, A Graña , Cariño e San Felipe.

O importe que o Goberno local destina ao acondicionamento das praias este verán 2017 suma 31.460 euros en dous contratos menores para a reparación dos elementos danados nas praias e a instalación de elementos (casetas,..) publicados na web municipal.

Desde hoxe mesmo, a limpeza dos areais será manual, preferentemente, e diaria. Técnicos municipais e representantes da SGHN visitaron hoxe algunhas das praias para determinar como proceder nesta tarefa respectando os espazos dunares. Acordouse que o tractor recolector será un apoio puntual no espazo intermareal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s