Esta mañá xuntanza entre o alcalde Jorge Suárez e a concelleira de Urbanismo María Fernández Lemos cos responsables de defensa #ConvenioDefensa #FacendoCidade

Esta mañá nunha xuntanza mantida entre o alcalde Jorge Suárez e a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, coa dirección do INVIED, Instituto de Vivenda e Equipamentos da Defensa do Ministerio.

O obxectivo da xuntanza foi avanzar no desenvolvemento dalgúns aspectos do Convenio de Defensa como a urbanización do Sánchez Aguilera que require unha inversión de uns 12 millóns de euros, de acordo aos cálculos feitos polos técnicos municipais.

Alfonso Romero -subdirector de Enajenación, Atilano Lozano Muñoz -director xerente do INVIED, e Álvaro Barón, secretario xeral. O alcalde Jorge Suárez ao termo subliñou que “foi unha xuntanza produtiva, con intercambio de documentos e actitude positiva por ambas partes”, resumía ao termo o rexedor.

Esta xuntanza tivo lugar co ánimo de avanzar no desenvolvemento de aspectos do convenio que non quedan recollidos nas cláusulas do mesmo, como a urbanización do Sánchez Aguilera que require unha inversión duns 12 millóns de euros, de acordo aos cálculos feitos polos técnicos municipais.

“Tratamos de avanzar para garantir que ese investimento sexa feito”, manifestaba Suárez, para engadir, que, “hai avances pero hai que agardar. Seguimos avanzando para ter todos os datos precisos porque son partes cruciais da cidade, non só o Sánchez Aguilera, e traballamos no interese público sen abonar custos que creemos que non nos corresponden”, rematou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s