Aberto o prazo para solicitar as axudas á escolarización e as bolsas comedor do curso 2017/2018 #Comedores #Axudas #Benestar #FacendoCidade

A convocatoria foi publicada hoxe no BOP e conta cunha partida orzamentaria de 216.000 euros para bolsas comedor e de 83.000 euros para as axudas

Supón un incremento de 21.000 euros con respecto ao curso pasado e amplíanse as axudas para o alumnado de 1º de Bacharelato

 O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases da convocatoria das axudas a escolarización e das becas comedor do Concello de Ferrol para o curso escolar 2017/2018, dotadas cunha partida de 83.000 euros -Axudas a escolarización- e de 216.000 euros no caso das Becas comedor, repartidos entre dúas anualidades: 58.000 euros (2017) e 158.000 (2018).

En ambos casos, incrementase a partida con respecto aos exercicios anteriores, xa que o crédito reservado no curso pasado foi de 75.000 euros para becas e de 200.000 para as becas comedor.

Precisamente, unha das novidades desta convocatoria, apuntaba a hoxe a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, é que o Goberno local apostou por ampliar as bolsas de axudas a escolarización incluíndo, tamén, ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Consideramos imprescindible apostar pola mocidade que decide continuar a súa formación cara a mellor cualificación futura e, polo tanto, implementar as bolsas de axudas socio-económicas para que os adolescentes de familias que están atravesando unha etapa difícil, podan ter un respaldo no esforzo de continuar coa súa formación, cando menos, no primeiro ano do bacharelato e coa vontade de seguir ampliando”.

O prazo de presentación das solicitudes ábrese ao día seguinte da súa publicación no BOP, é de 15 días naturais no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumplimentada, ou en calquera dos lugares previstos do Procedemento Adminstrativo Común das Administracións Públicas.

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN e BOLSAS COMEDOR CURSO 2017/2018

O obxecto das mesmas, segundo apuntaba hoxe a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, é dar resposta ás necesidades dos/as nenos/as pertencentes a familias con escaseza de recursos económicos e que non poden facer fronte aos gastos que se presentan ao inicio dun novo curso escolar.

Estas axudas van dirixidas aos menores que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino do Concello de Ferrol e que cursen educación infantil, primaria secundaria e 1º curso de Bacharelato, que é precisamente unha das novidades desta convocatoria, que recollen as novas bases.

A contía da axuda será de 95 euros por neno/a. Poderán optar unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino (públicos e concertados) da localidade en que se impartan estudos de educación infantil, primaria e secundaria e 1º de Bacharelato no termo municipal de Ferrol e non superen o límite de ingresos establecidos no baremo económico (1397,02 euros).

As persoas beneficiarias desta axuda deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroado e residir no Concello de Ferrol.

  2. Convivir cos menores para os que se solicita a axuda

  3. Que os menores estean matriculados (ou en todo caso ter reserva de praza) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal de Ferrol e cursen educación infantil, primaria, secundaria e 1º de Bacharelato.

  4. Cuantificaránse todos os ingresos económicos da unidade familiar e non superarán os máximos establecidos nas bases (non se cuantificará como ingresos a prestación de fillo a cargo do INSS)

  5. Presentar a solicitude e a documentación requirida en tempo e forma establecida polo Concello de Ferrol

  6. Entregar xunto co resto da documentación, a declaración responsable da veracidade dos datos aportados.

As solicitudes avaliaranse segundo a situación social e económica das familias. Poderán admitirse solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar, cando con posterioridade á finalizaciónde dito prazo concurra algunha das seguintes circunstancias:

  • Traslado de residencia ou centro escolar dende outro municipio, o que deberá acreditarse coa presentación de certificado escolar, inscrición no padrón municipal u outra documentación suficientemente xustificativa

  • Situacións de violencia de xénero, que deberá acreditarse mediante a documentación xudicial correspondente

  • Cambios na situación sociofamiliar que teñan como consecuencia o risco social dos menores, que será xustificada por informe técnico municipal acreditativo de dita situación

BOLSAS COMEDOR 2017/2018

O gasto total para o curso escolar 2017/2018 ascende a 216.000 euros fronte aos 200.000 do curso pasado. Sempre que houbese dispoñibilidade orzamentaria e o número de solicitudes así o demandase, as contías antes indicadas, poderán ser incrementadas.

Serán entidades colaboradoras os centros docentes públicos e concertados de educación infantil e de educación primaria obrigatoria que teñan servizo de comedor. As bolsas de axuda aboaranse directamente ás empresas adxudicatarias do servizo de comedor escolar mediante a presentación da correspondente factura mensual.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/realizarBusqueda.do;jsessionid=306A82C4011369A24C20E828EA4E2F69

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s