O Campus de empredemento sostible do Concello de Ferrol visita mañá catro empresas innovadoras #Emprego #Emprendemento #FacendoCidade

É a parte práctica dun campus impulsado desde o Goberno de Ferrol para apostar pola innovación e o autoemprego coa transformación das ideas e proxectos en negocios rendibles e sustentables

O concelleiro de Emprego, Álvaro Montes, acompañará mañá ao alumnado na visita a unha empresa de dobraxe con epicentro en Serantes

Esta semana estase a desenvolver o Campus de Emprendemento Sostible e Viabilidade -método CANVAS- organizado desde o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Emprego e Promoción Económica. Trátase dunha acción completamente de balde co obxecto de impulsar o estímulo emprendedor e axudar na transformación das ideas empresariais, en proxectos de negocio e en postos de traballo.

O campus iniciábase o luns 19, de 10 a 14:00 horas no Centro Municipal de Emprego de Catabois e remata este xoves 22 coas visitas a catro empresas seleccionadas como exemplo da filosofía deste programa. Neste campus están matriculados 22 alumnos.

O concelleiro de Emprego, Álvaro Montes, participa mañá do programa coa visita a Penteo Films, as 12:15 horas en Serantellos. M

Aquí vos queda o programa do campus para a xornada de mañá:

-10:30 Saída do Centro de Emprego do Concello de Ferrol

-11:00 Visita a Covas Vegetal,

-12:15/ 12:30 Visita a Penteo Films,

-14:00 Visita a Casa Alexo.

-16:30 – 16: 45 Visita a Espacio Vivo – Conclusións e peche

-18:00 Recollida do alumnado en correos para volver ao Centro de Emprego.

Este programa de Emprendemento Sostible comezaba a súa andaina no mes de abril. “É unha aposta senlleira polo emprendemento que se basea na experiencia e na que destaca, sobre todo, a formación”, resumía o concelleiro. A primeira parte deste programa remata mañá e volverase a retomar nunha segunda convocatoria en outono.

O programa formativo, expuxo Montes, tal e como está deseñado, está composto por un total de 6 accións formativas divididas en función do perfil das persoas emprendedoras segundo o grao de maduración da súa idea empresarial e con dous tipos de actividade (4 obradoiros e 2 campus), e 120 prazas sen ningún tipo de custo que se cubriron por orde de inscrición.

Os CAMPUS de EMPRENDEMENTO SOSTIBLE, son un proxecto formativo cunha metodoloxía innovadora que consiste na combinación de sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas no concello e na súa contorna, que poden servir como referencia para os emprendedores/as locais.

Servirá, polo tanto, de punto de encontro e interacción entre persoas con potencial emprendedor e persoas responsables de empresas sostibles do concello de Ferrol. As primeiras buscarán clarificar o seu futuro e as segundas tratarán de ser o espello no que reflectirse, un espello que recolle a imaxe de empresas economicamente rendibles, socialmente comprometidas e medioambientalmente respectuosas.

Ademais, unha vez finalizadas as sesións teóricas e prácticas, porase a disposición do conxunto de participantes nos campus de viabilidade empresarial, unha bolsa de titorías para completar o proceso de maduración e análise iniciado durante a acción formativa.

Todas as persoas interesadas en participar nos cursos, poderán consultar toda a información sobre o proxecto na web www.ferrol.es/emprego/ ou chamando ao 981 94 41 95, para a seguinte quenda, que se abrirá a volta do verán 2017 e se desenvolverá ata decembro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s