A Asemblea de Ferrrol En Común decide esixir a Esther Leira a súa acta de concelleira #Asemblea #Democracia #UnidadePopular

Ferrol, 22 de xuño de 2017

Onte a tarde no Local de FeC tivo lugar a Asemblea Extraordinaria de FeC onde se decidiu esixir a ata agora membro do goberno de FeC Esther Leira a súa acta de concelleira que obstenta dende as últimas eleccións municipais do 2015.

Esther Leira ata o de agora concelleira de Vivenda, Obras e Rehabilitación abandonou no último pleno extraordinario do Concello de Ferrol o seu escano no momento da votación deixando ao grupo de goberno con 7 votos. Ao longo desta semana ademais Esther Leira concedeu distintas entrevistas onde de xeito recurrente e desleal ataca dignidade persoal e política dalgúns dos que ata a semana anterior foron os seus compañeiros de goberno.

En declaracións públicas do pasado venres Esther Leira dixo que sometía o seu cargo aos órganos de FeC e de xeito específico a Asemblea de FeC, polo que resultaría incomprensible que agora non acate a decisión da Asemblea a que ella mesma apelou para decidir sobre o seu futuro, e sorprende máis aínda que poña en dúbida a lexitimidade ou afirme a falta de garantías da Asemblea nas súas decisións cando é a mesma que decidiu desingnala para ir na candidatura de FeC nas pasadas eleccións municipais.

En lugar de ter un debate sereno dentro dos propios órganos de FeC, Esther Leira decidiu converter o que ella mesma calificou de diferenzas políticas, nun circo mediático buscando danar a imaxe dos seus ata de agora compañeiros/as botanto por terra o ardúo e duro traballo destes dous anos que aínda que recoñecendo os erros cometidos, e sendo necesaria unha reflexión, cremos que as manifestacións nin se axustan a realidade nin son xustas co traballo levado a cabo por este goberno.

Dende FeC consideramos que a súa decisión e actitude vai en contra dos principios políticos e ideolóxicos da unidade popular e únicamente serve aos intereses do Partido Popular. En 2015 máis de 7000 persoas apostaron por un goberno do cambio, mandato popular que segue vixente, un mandato emanado das urnas, polo que apelamos á honestidade e a responsabildiade política coa candidatura e a asemblea de candidatura de unidade popular de FeC.

Ferrol en Común

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s