A Fragata, praia “sen fume” do Concello de Ferrol neste verán 2017 #PraiasSenFume #Rede #AFragata

O Concello de Ferrol insta ás persoas fumadoras a non tirar as cabichas de cigarrillos na praia ou no chan, en calquera entorno, lembrando que tardan 10 anos en degradarse

O Concello de Ferrol ven de sumarse, neste ano 2017, a Rede autonómica de Praias sen Fume que promove, entre outros obxectivos, desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade.

A praia proposta e elixida foi A Fragata, en Covas, que xa loce o cartel informativo e, en breves, a bandeira que a distingue como Praia sen Fume.

Trátase dun programa educativo, de promoción da saúde e á vez de protección do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario e sen afán recadatorio.

Nos anos anteriores, o traballo do Goberno centrábase en repartir entre os usuarios depósitos portátiles para depositar as cabichas no canto de soterralas na area, nunha labor de concienciación e de coidado do medio ambiente. Agora, un paso adiante, trátase de que non se fume na praia a fin de que os usuarios, entre os que se contan moitas familias con meniños, campistas e bañistas, surfistas deste areal, desta non se vexan obrigados a convivir cos malos fumes e para evitar, de paso, o problema ambiental que xeran as cabichas.

Cómpre lembrar que as cabichas poden tardar ata dez anos en degradarse, e que levan a pegada de múltiples compoñentes químicos que conteñen tóxicos que constitúen unha ameaza para os ecosistemas mariños.

Segundo estudos realizado pola organización Ocean Conservancy, unha sola cabicha pode contaminar 8 litros de agua de mar e ata 50 litros de agua potable. Cómpre sinalar ademais o impacto visual que xeran por ser un dos lixos máis abundantes e presente en practicamente todas as localizacións onde se atopa o ser humano.

O Concello de Ferrol insta ás persoas fumadoras a non tirar as cabichas de cigarrillos no chan, tanto na cidade coma no campo ou na praia, baixo ningún concepto, contribuíndo deste xeito a evitar a contaminación que provocan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s