Ferrol Baila na Rúa con #VaiDeBaile #CulturaFerrol #ViveCultura #FacendoCidade

Os Concellos de Ferrol e Neda cooperan na II edición de Vai de Baile, do 30 de xuño ao 2 de xullo

Este festival de danza contemporánea achega a cultura e o movemento as rúas enchendo espazos urbanos senlleiros como os xardíns do CTB, os baixos da Costa de Mella ou as salas de Exponav e a rúa Real de Neda

Ferrol Baila, e bailará a vindeira fin de semana coa II edición de Vai de Baile, o festival de Danza Urbana que, como novidade, se estende de Ferrol a Neda, dentro do programa Danza en Rede, financiado polo Agadic.

Vai de Baile volta con esta segunda edición, que promete herdar o éxito que xa tivo a primeira. Arranca o 30 de xuño, na rúa Real de Neda e móvese ao centro de Ferrol os días 1 e 2 de xullo, ocupando distintos espazos urbanos non habituais nos circuítos culturais pero emblemáticos e senlleiros nunha nova aproximación da cultura as rúas na liña do programa deseñado desde a Concellería de Cultura para este mes de xuño, na liña de II Fóra do Mapa e EsteNaRúa.

A presentación, este mediodía no Concello, contou coa participación do concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e de Copy Villaamil, técnica de Cultura do Concello de Neda. Neste segundo asalto do VdeB, expuxeron, apostase polo poder danza para transformar a nosa percepción cotiá do espazo público.

O feito dancístico, sacado do seu contexto habitual e trasladado aos nosos espazos de convivencia, fai que nunca máis volvamos a ver ese lugar do mesmo xeito. A pegada do movemento na nosa retina vainos acompañar sempre”, explica Roberto Taboada, coordinador do ciclo.

Este segundo asalto”, manifestou Basterrechea, “afonda na visibilización da muller traballadora e artista, nunha disciplina ben sacrificada, xa que todas as propostas son creadas e interpretadas polas súas propias coreógrafas (aínda que hai unha pequena concesión nos dous dúos que se presentan, onde eles tamén están presentes). A presenza feminina tamén está na imaxe do cartaz, na fotógrafa – Malena Carballo- que foi quen de captar ese momento tan elocuente, na composición dos materias gráficos – Paula García-, na asistencia de produción –Cristina Montero- e ata no voluntariado.

Unha edición netamente feminina, que vai a ocupar con movemento lugares coma Amboaxe, o Cantón, a Praza de Ferrol Vello, os xardíns do Centro Torrente Ballester e tamén espazos non escénicos coma a sala Carlos III de Exponav ou o inédito espazo do museo da Costa de Mella. Ademais de feminino é unha edición marcada pola ferrolanidade, xa que recupera e presenta a dúas coreógrafas que teñen uns lazos moi estreitos con Ferrol: Irene Vázquez e Ana Endorzain. Atraemos a Ferrol a dúas galegas que están a desenvolver o seu traballo noutros lugares da Europa: Janet Novás e Begoña Cuquejo.

Por outra banda, a II edición de Vai de Baile conta, en estrea absoluta, coas as pezas de dúas creadoras galegas: Nuria Sotelo e María Move e non deixamos de ollar ao outro lado do Atlántico, presentando dous traballos, un dende Costa Rica e o outro é o gañador do premio do festival “SóloDos” de Costa Rica, que achega a unha compañía de México.

Finalmente, coma unha especie de continuidade de programación, unha vez rematada a segunda edición de Vídeo Clips A Esgalla, comezamos o VdeB coa estrea dunha peza audiovisual –Cadencia- de Virginia Rota, sobre o traballo de corpo de Janet Novás.

Vai de Baile é socio fundador da rede de festivais de danza en espazos urbanos de Galicia CompliCIDADES, da que forman parte catro festivais, un de cada provincia galega: Corpo(a)terra de Ourense; Quincegotas de A Coruña e Cartografías en movemento de Lugo;

ARTISTAS E COMPAÑÍAS

1.- BEGOÑA CUQUEJO –TRASPEDIANTE- (GALICIA-SUIZA), ”bailarina oscila”. ESTREA ABSOLUTA

2.- CLARA FERRAO – DECLARO DANZA- (GALICIA), “pies de plomo”.

3.- JANET NOVÁS (GALICA-MADRID), “feelings”.

4.- MARIA MOVE (GALICIA), “toda la belleza del mundo”. ESTREA ABSOLUTA

5.- IRENE VÁZQUEZ –DESCALZINHA- (GALICIA-MADRID), “el cuerpo que habita”. ESTREA EN GALICIA

6.- LICENCIADA SOTELO (GALICIA), “incerteza”. ESTREA ABSOLUTA

7.- ESTEFANÍA DONDI (COSTA RICA), “entre la locura y la belleza”. ESTREA NO ESTADO

8.- LALI AYGUADÉ & JULIAN SICARD –ROTATIVA- (CATALUÑA-FRANCIA), “de camino al otro”. ESTREA EN GALICIA

10.- ANA ERDOZAIN (MADRID), “punto de fractura”. ESTREA EN GALICIA

9.- CÉSAR IBARRA & DANIELA VÁZQUEZ (MÉXICO), “triple suerte”(Coreografía Gañadora en SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2017) ESTREA NO ESTADO

GRELA DE PROGRAMACIÓN

NEDA. 30 DE XUÑO. PROGRAMA “DANZA EN RUTA”(Finaciado pola AGADIC e rede CompliCIDADES) COMPAÑÍA /ARTISTA

ESPECTÁCULO

LUGAR e HORA

1

IRENE VÁZQUEZ –DESCALZINHA- (GALICIA-Madrid) + ESTEFANÍA DONDI (Costa Rica) + LICENCIADA SOTELO (Galicia)

el cuerpo que habita + entre la locura y la belleza + incerteza

Rúa Real (na zona da Torre do Reloxo). ÁS 20.30

FERROL. VdeB_2. SÁBADO 1 DE XULLO COMPAÑÍA /ARTISTA

DUR.

HORA

LUGAR

1

JANET NOVÁS (VIDEO-PEZA)

20

12.00

CENTRO TORRENTE BALLESTER

2

IRENE VÁZQUEZ –DESCALZINHA-

15

13.00

AMBOAXE

3

ESTEFANÍA DONDI

14

13.30

AMBOAXE

4

LICENCIADA SOTELO

15

19.30

ROSA DOS VENTOS

5

JANET NOVÁS

17

20.00

SALA CARLOS III

6

MARIA MOVE

20

20.30

SALA CARLOS III

7

CÉSAR IBARRA & DANIELA VÁZQUEZ

10

21.00

ROSA DOS VENTOS

8

BEGOÑA CUQUEJO –TRASPEDIANTE-

40

21.30

MUSEO COSTA DE MELLA

FERROL, VdeB_2. DOMINGO 2 DE XULLO COMPAÑÍA /ARTISTA

DUR.

HORA

LUGAR

1

JANET NOVÁS (VÍDEO PEZA)

20

12.00

CENTRO TORRENTE BALLESTER

2

LALI AYGUADÉ & JULIAN SICARD –ROTATIVA PERFORMING ARTS-

20

13.00

AMBOAXE

3

ANA ERDOZAIN

20

14.00

ROSA DOS VENTOS

4

CLARA FERRAO – DECLARO DANZA-

25-30

20.00

XARDíNS CTB

5

CÉSAR IBARRA & DANIELA VÁZQUEZ

10

20.30

XARDÍNS CT

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s