O Concello de Ferrol amosa o seu apoio á comunidade escolar do CPI Monte Caxado de As Pontes #EnsinoPúblico #NonAoPeche

O Concello de Ferrol quere amosar públicamente o seu respaldo a comunidade escolar do CPI Monte Caxado de As Pontes, en loita contra a sorpresiva decisión da Consellería de Educación de pechar o centro no curso próximo, como parte dunha política depredadora de retallos no ensino público xa habitual no executivo galego.

O alcalde, Jorge Suárez, mantivo esta mañá unha xuntanza co presidente das ANPAS de Ferrolterra, Javier Sánchez, e cun representante da ANPA do centro Monte Caxado, que lle manifestaron a súa preocupación pola complexa situación na que estarían os 262 alumnos do centro e as súas familias afectadas polo peche, ademais do profesorado docente.

Ademais de sumarse as críticas polo xeito de comunicar esta decisión a comunidade escolar, dun día para outro, o rexedor trasladou hoxe as ANPAS de Ferrolterra o respaldo do Concello de Ferrol a todas as medidas reivindicativas e de apoio que se poñan en marcha nas próximas horas e días para loitar pola continuidade do CPI Monte Caxado, un centro integrado para Infantil, Primaria e Secundaria, siga aberto no próximo curso escolar.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s