Minerais: “Máis que rochas, xoias da natureza”

Hoxe abriu as portas unha nova exposición didáctica no terceiro andar da Biblioteca cunha mostra con preto de 200 minerais de todo o mundo

Haberá obradoiros para nenos -a partir de 7 anos- e adultos de balde os días 10 e 13 de xullo

Desde este luns, no terceiro andar da Biblioteca Municipal de Ferrol xa se pode visitar a mostra didáctica ‘Mineirais, xoias da natureza’, que é unha recompilación de mais de 150 pezas recollidas en todos os continentes, e unha mostra dos que se atopan na nosa contorna. Ademais, pódese ollar un pequeno conxunto de utensilios ou aparellos empregados na identificación ou determinación de especies minerais.

A exposición foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura e Educación, Suso Basterrechea, xunto co xeólogo Francisco Canosa Martínez, que é o propietario dos minerais expostos e moi coñecido en Galicia polo seu intenso labor de investigación, docente e divulgativa.

Como complemento a esta exposición, a Biblioteca Municipal tamén celebrará dous talleres e unha conferencia sobre os minerais que serán impartidos polo propio Francisco Canosa, que impartirá unha conferencia o vindeiro 28 de setembro de entrada libre.

O primeiro destes talleres está dirixido a nenos e nenas, a partir de 7 años, e terá lugar o luns 10 de xullo, de 11.00 a 12.00 horas. 20 prazas. O segundo, celebrarase o día xoves 13 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, e estará dirixido a mozos e mozas e adultos. 20 prazas

Para poder participar nos talleres pódese solicitar a inscrición a partir do luns 26 de xuño por teléfono, por correo electrónico o presencialmente na Biblioteca. A mostra dos minerais estará na Biblioteca ata o 29 de decembro, e pódese ver de 9 a 14 e de 17 a 21:00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s