A cidade preparáse para ruxir na 48º edición do Rallie de Ferrol, os días 7 e 8 de xullo #DeportesFerrol #RallieFerrol #FacendoCidade

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, apuntou que o Concello porá todo da súa parte para que o rali vaia sobre rodas con especial atención a seguridade

Os mellores pilotos de España daranse cita o vindeiro fin de semana (7 e 8 de xullo) na cidade naval para disputar a 48 edición do Rali de Ferrol, que se celebra de forma ininterrompida desde 1969 na comarca e que presume de ser a proba mais complexa e completa do Campionato de España.

A proba foi presentada pasado o mediodía no salón de Recepcións do Concello de Ferrol, nunha rolda de prensa encabezada polo concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta, Marta Míguez, o piloto Javier Bouza e Estrella Castrillón, da Federación Española de Automobilismo.

Este ano serán 465,16 quilómetros de percorrido con 8 tramos cronometrados (153,32quilómetros), co cuartel xeral nos pavillóns de FIMO, en Punta Arnela, e a saída e a meta na Avenida de Esteiro. A proba conta co respaldo da Asociación de comerciantes e Hostaleiros do barrio.

O Concello está a poñer todo a disposición da organización -Policía Local, Bombeiros e PC- para que o rali vaia sobre rodas”, apuntaba o concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, que destacou a fonda tradición da urbe co mundo do motor, logo de poñer o acento na importancia de garantir a seguridade na proba e de atender as recomendacións da dirección da carreira.

Para nós é un orgullo que Ferrol sexa unha referencia no mundo do rali. E mais que salientable que sexa a 48 edición ininterrompida”, manifestaba tamén o rexedor, Jorge Suárez, que presidía o pleno ordinario de fin de mes ao tempo que se presentaba a proba.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes da cidade, eloxiou o traballo da Escudería Ferrol como un exemplo da organización desta proba, que conta cun amplo tecido de afeccionados enraizados na comarca logo de case medio século de historia, proba tras proba.

Achegamos o dossier de prensa da proba.

http://rallyeferrol.com/

https://www.dropbox.com/sh/pvdq5t3non0ktg9/AAB0qba4_vRe41WlwB4mQ9g0a?dl=0&preview=48_rallye_ferrol_dossier_2017.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s