Ferrol aspira a ser a Patrimonio da Humanidade no 2019 #PatrimonioDaHumanidade #UNESCO #FacendoCidade

A cidade presentará a súa candidatura ante a Unesco en novembro deste ano. O alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Patrimonio, presentaron hoxe o calendario de traballo para a consecución deste obxectivo

Ferrol é unha cidade deseñada exnovo na Ilustración como porta e porto de referencia na comunicación marítima con Europa

Ferrol aspira a ser candidata a Patrimonio da Humanidade no 2019. O alcalde, Jorge Suárez, e a concellería de Patrimonio Histórico e Medio Rural, Rosa Méndez, presentaron onte ao mediodía na Sala de Comisión do Pazo Municipal o proxecto co que a cidade aspira a acadar ese obxectivo común e compartido pola veciñanza que sitúe a urbe como referente histórico, arquitectónico e militar co recoñecemento como Patrimonio Mundial da UNESCO.

Ferrol, que xa está dentro da Lista Indicativa desde o ano 2007, aspira -neste mandato- a dar o gran paso de se converter no quinto ben cultural galego que recibe este recoñecemento internacional, que situaría a cidade de Ferrol no mapa internacional de bens e patrimonio cultural.

“Sería un revulsivo para a propia autoestima desta cidade, que daría un xiro económico e un reforzo da idea de Ferrol como unha cidade que cree en sí mesma, no seu patrimonio e na súa historia”, resumía o alcalde, que lembraba o traballo feito polas anteriores corporacións como base para este obxetivo “xa que estamos mais avanzados que outras candidaturas cara esa meta do 2019”.

Este paso, que abre as portas do Turismo con maiúsculas, xa que de acordo aos cálculos, esta distinción adoita quintuplicar o recoñecemento e o número de visitantes, tamén supón un incremento notorio da protección, coidado, vixilancia e conservación do patrimonio arquitectónico e histórico, posto que a normativa de aplicación de UNESCO é moi estricta e de obrigado cumplimento.

Na presentación deste mércores, tomaron parte o ferrolán César Abella, a fronte da empresa Trivium, Jordi Tresserras, director da Rede Ibertur. Os traballos previos, achega de informes e a documentación requirida para ir dando os pasos necesarios no camiño de optar ao Patrimonio da Humanidade, levaránse a cabo durante os meses de xullo a novembro, momento no que se entregará o informe final e comezará o impulso administrativo da Candidatura.

O novo proxecto de candidatura partirá de tres novas premisas técnicas como son: a redución do número de lugares a declarar, a xustificación coherente da unidade das actuacións planificadas polo Estado no século XVIII e das súas conexión culturais, científicas é técnicas con Europa e América, e o deseño dun Plan de Xestión participado e relevante a nivel social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s