“Todos Somos Migrantes”

A Sala de Proxectos do CTB acolle desde hoxe venres 30 de xuño esta mostra con 19 fotografías de 11 autores que agochan unha grande historia de mobilidade humana

Poderase visitar no horario de verán do CTB e ven a sumar novas enfoques e pequenas historias ao calidoscópico cultural da cidade

 ‘Todos somos migrantes’, é o nome dunha nova proposta expositiva que chega hoxe venres 30 as 20:00 horas a Sala de Proxectos do Centro Cultural Torrente Ballester, que foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea. 

A mostra componse de 19 fotografía de 11 autores, que fixeron o seu aporte de xeito altruísta, e ven da man da Asociación Mobilidade Humana, que asiste a preto dun milleiro de persoas migrantes, asilados, apátridas.. da nosa comarca, de case medio cento de nacionalidades diferentes, explicaba hoxe a súa voceira, Soledad Lucero.

Cada unha das fotos (30x45cms), explicou Fran Nieto, fotógrafo e coordinador deste proxecto, agocha unha historia de mobilidade e vida, como a dun recoñecido violinista libanés que marchou do seu país e coñeceu a unha muller galega en Arabia Saudí coa que hoxe comparte vida e negocio en Narón.

A mostra abre este venres 30 as 20:00 horas e poderase visitar no horario de verán do CTB, de 11 a 14:00 e de 19 a 21:00 polas tardes. O concelleiro, Suso Basterrechea, convidaba hoxe a toda a cidadanía a ser partícipe desta exposición que abre unha fiestra a coñecer a realidade da nosa propia veciñanza e as historias, sinxelas e complexas, que hai tras cada nome e tras cada imaxe. “Nunca restamos, sempre sumamos”, manifestou, en alusión ao nome desta mostra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s