O #Plenario do Foro Cívico este venres 7 de xullo no Antigo Hospicio #Participación #TerceiraIdade #FacendoCidade

Este vindeiro venres, 7 de xullo, ás 18:30h. terá lugar no Salón de actos do Antigo Hospicio (Rúa Méndez Núñez 11)  terá lugar o Plenario do Foro Cívico da Terceira Idade.

Esta reunión  ten lugar trala celebración de varios encontros participativos que estiveron abertos á participación de todas as persoas interesadas en tomar parte. Así, contabilizamos que arredor dunhas 120 persoas participaron xa nos mesmos, e deron a coñecer as súas opinións e propostas a respecto de cómo Ferrol pode ser un lugar de mellor calidade para as persoas máis maiores. Ademais, tiveron lugar entrevistas co persoal político e técnico, con entidades prestadoras de asistencia social e con asociacións veciñais.

O vindeiro venres corresponde a celebración do Plenario, a cal será unha ocasión para dar a coñecer toda a información recollida nos encontros participativos e detallar máis específicamente como dar resposta ás debilidades detectadas. Toda esta información servirá como guía para a continuidade do Foro Cívico da Terceira Idade, pois este mesmo día terá lugar a creación dunha Comisión Permanente deste órgano de participación. A integración na mesma está aberta a todas as asociacións, outras entidades ou persoas a título individual que o desexen.

 Calquera dúbida ou aclaración sobre este evento pode ser consultada escribindo a participacion@ferrol.es,

Igualmente, informamos que se pode estar ao tanto de todas nas novidades a través das seguintes Redes Sociais:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s