Ábrese un novo prazo extraordinario para ofertar 67 prazas en campamentos de igualdade en agosto #Igualdade #Infancia #FacendoCidade

O prazo ábrese este mércores 12 no Rexistro xeral do Concello e pecha o venres 14 as 14:00 horas e cubriranse por orde de inscrición

Ofértanse 67 prazas nos obradoiros naturais de Covas (37) e no PequeEmprende de Serantes (30) para nenos de 3 a 13 anos

 O Goberno de Ferrol ven de habilitar un novo prazo extraordinario para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Ferrol para o mes de agosto 2017. Trátase de cubrir as 67 prazas que quedaron vacantes na primeira quenda e darlle aos nenos e nenas que quedaron na lista de garda, e as familias interesadas, a oportunidade de conciliar nos meses de verán cos dous obradoiros en Serantes (30 prazas) e na AVV de Covas e Esmelle, con 37 vacantes.

Son dous obradoiros temáticos da Concellería de Igualdade, PequeEmprende no local da AVV de San Salvador de Serantes e Parque Natural, en Covas, con actividades mais ligadas ao entorno ambiental. Están dirixidos a nenos de 3 a 13 anos e son completamente de balde.

O prazo ábrese mañá, mércores 12 no Rexistro Xeral do Concello onde estará a ficha de inscrición a disposición das familias e titores. Péchase as 14:00 horas do venres 14.

Estas 67 prazas quedaron vacantes da oferta de 460 que lanzou o Concello de Ferrol con 5 obradoiros en 7 localizacións do ámbito urbano e rural, que tiveron moi boa acollida en Praza de España, Ferrol Vello, Esteiro, Santa Mariña, Serantes, Covas e Esmelle. Do mesmo xeito que nas prazas anteriores, para estas 67 Atenderanse as solicitudes por orden de inscrición seguindo os seguintes criterios de preferencia:

1º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que non optaron a ningún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano.

2º- As/os menores empadroadas/os no Concello de Ferrol que xa optaron a algún obradoiro temático ofertado na convocatoria anterior deste ano e queren repetir.

3º- As/os menores non empadroadas/os no Concello de Ferrol.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para os/as menores que non obteñan praza, crearase unha lista de espera, e iranse incorporando na medida que se produzan baixas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s