#D E S B A R A T A R T E revoluciona Ferrol #Mocidade #Desbaratarte #FacendoCidade

Arte, dinamización cultural, inclusión, mocidade e revitalización de espazos urbanos esvaídos danse a man en DesbarataArte, contra os prexuízos

Arranca o 18 de xullo fronte o pavillón de Esteiro coa pintura dun inmenso mural naval a cargo de Andrés Gabarrés

O punto e final será un concertazo de balde na Praza de Sevilla o sábado 22 as 20:30 a cargo de Lin Cortés e o talento local de Miguel Lamas

#DesbaratArte pretende impulsar novos talentos e crear referentes entre a xuventude dende un espazo de ocio inclusivo, rompendo estigmas e desbaratando prexuízos para que os mozos e mozas sexan parte da dinamización social da nosa cidade.

Esta iniciativa, que ven da man da Concellería de Benestar Social, Muller e Mocidade, chega as nosas rúas este martes 18 de xullo, coa pintura ao vivo dun mural que vai humanizar a praza Antolín López Porta, nun espazo un tanto esvaído e grisáceo no barrio de esteiro, fronte ao pavillón municipal de deportes, que cobrará vida en cores día a día, cun proxecto inspirado no naval coa proa dun barco como icono da cidade.

Así o presentaba este mediodía a concelleira, Saínza Ruiz, que daba conta polo miúdo dos detalles dun programa novidoso, de altísima calidade no artístico, que combate os prexuízos e que aposta pola dinamización cultural desde a inclusión da man dun artista recoñecido como é Andrés Gabarres (Ferrol, 1986), graduado en Belas Artes alumno avantaxado do pintor Antonio López.

Gabarres contará, no seu equipo, coa axuda de Alberto David Fernández hurtado, artista multidisciplinar, Pablo López, ben recoñecido no mundo do graffiti e Richar García Rodríguez, un talento da arte urbana. O resultado do mural será presentado o día 22, as 21:00 horas, na propia praza de Esteiro, Antolín López.

DesbaratArte nace no 2017 coa vontade de pervivir no tempo e proliferar polos outros barrios de Recimil ou San Pablo.

Obxectivos:

#Desbaratarte quere achegar novas propostas artísticas de calidade ao mesmo corazón dos barrios, ás súas prazas, poñéndo a verdade da arte a carón da súa xente para crear comunidade dende a diversidade.

#DesbaratArte explora novas vías de expresión entre a mocidade a través da linguaxe artística, con pintura e música na rúa, impulsando a novoscreadores para fomentar a inspiración e a motivación de cambio a través da potencialidade da arte na inclusión social.

Coma toda arte é transformadora e intervén no concepto da realidade, #DesbaratArte xurde para integrarse na arquitectura da cidade creando espazos con identidade propia nos que a mocidade se sinta representada.

CONCERTO DE LIN CORTÉS E MIGUEL LAMAS QUARTET O SABADO 22

O punto e final de Desbaratarte será o sábado 22, as 22:30 horas, cun concerto aberto de entrada libre na Praza de Sevilla, a cargo de Lin Cortés, recoñecido artista flamenco que combina o funk, co blues e o rock, e do Miguel Lamas Quartet.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s