Este pasado domingo no CC Torrente Ballester arrincou II Curso de verán Soncello #ViveCultura #CulturaFerrol #Soncello

Participan unha ducia de alumnos e moitos mais en calidade de ouvintes cos mestres mais destacados

Soncello ofrecerá catro concertos gratuítos na capela do CTB o primeiro foi esta pasado domingoos 16. O seguintes terán lugaro os días 18, 20 e 22 as 20:30 horas

Este domingo 16 arrincou o II CURSO DE VERÁN SONCELLO que terá lugar no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol entre o 16 e o 22 de xullo, cunha ducia de alumnos inscritos e catro concertos de balde abertos ao público na capela do centro cultural.

Neste segundo curso, que conta co apoio do Concello de Ferrol a través da Concellería de Cultura, participa a pedagoga María de Macedo como profesora convidada. Asi o explicaba este mediodía o concelleiro, Suso Basterrecea, e Criptana Angulo, membro da xunta directiva de Soncello.

O concerto inaugural, domingo 16 as 20:30 horas, correrá a cargo do violonchelista especializado en música barroca Fernando Santiago, acompañado de Isabel Figueroa.

O segundo concerto, o martes 18, as 20:30, estará protagonizado por 3 mozos violonchelistas laureados no II concurso Soncello para mozos celebrado o pasado mes de maio.

O terceiro concerto será o xoves 20, e consistirá nun recital para violoncelo e piano a cargo de quen escribe estas liñas e o pianista Javier Estebarán.

E o cuarto e último, antes do peche do curso, terá lugar o sábado 22, será o concerto de clausura protagonizado polos alumnos do curso. Todos serán de balde, as 20:30 horas e na capela do CTB de Ferrol.

A filosofía do curso, explicaba hoxe Criptana Angulo, pasa por ofrecer unha ampla variedade de actividades ao redor do violoncelo con seminarios, talleres e charlas de temáticas variadas como a construción dos arcos ou un achegamento ao rol do cello no ámbito da música folk. Soncello agradecía ao Concello o apoio brindado para a súa realización, por seguno ano, coa vontade de encher de música un edificio tan emblemático como o Centro Cultural Torrente Ballester

Sobre Soncello: Desde a súa fundación en 2012, os obxectivos son promover actividades co ánimo de dinamizar a cultura e coñecemento ao redor do violoncelo en Galicia a través da organización de encontros periódicos entre colegas violonchelistas, cursos e clases maxistrais con destacados intérpretes e pedagogos así como impulsar a realización de concursos de violoncelo no territorio galego, sen obviar a capacidade da Asociación como elemento articulador doutras actividades como charlas, conferencias e/ou cursos que estean directa ou tangencialmente relacionados co ámbito cellístico.

En Soncello conta con 96 socios repartidos entre distintas localidades de Galicia e outros lugares de España, e con perfís tan variados como estudantes de violoncelo de diferentes niveis, profesores, músicos de orquestra, luthieres e simpatizantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s