Barcelona, Madrid, A Coruña, Santiago, Ferrol, Zaragoza, Valladolid, Cádiz, València, Huesca e Terrassa toman posición en contra das emendas presentadas por PDeCAT e C ‘s ao proxecto de Lei de Contratación Pública que atacan á autonomía dos municipios

As ditas emendas achegadas por Ciudadanos (C,s) e o Partit Demòcrata Europeu Català (PdeCAT) tratan de impedir os procesos de municipalización nos Concellos. Trátase dun nuevo intento para recortar as competencias locais

Os concellos de Barcelona, ​​Madrid, A Coruña, Santiago, Zaragoza, Cádiz, València, Ferrol, Valladolid, e Terrassa denunciaron hoxe que varias enmiendas presentadas polo Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e Ciudadanos (C ‘s) ao proxecto de Lei de Contratación Pública atentan contra a autonomía local dos Concellos. En concreto, pon impedimentos aos diferentes procesos de municipalización que se están a levar a cabo.

As emendas presentadas por estos dous partidos propoñen a modificación de varias leis, como a Lei de Bases do Réxime Local e o texto refundido das disposicións legais vixentes na materia do Réximen Local, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986 do 18 de abril coa intención de:

  • Facer preceptivo nos procesos de remunicipalización un informe do órgano competente en materia da defensa da competencia. Este informe sería de obrigado cumprimento en caso de monopolio do servizo.

  • Só podrerían facerse estas internalizacións no caso de que non existiran limitacións ou restricións de tipo orzamentario na relación ao incremento do número de empregados públicos ou da masa salarial.

  • Facer que fora preciso modificar a relación de postos de traballo da empresa / administración que subroga, que os lugares que se crearan foran de carácter indefinido e que a súa cobertura fora convocada con carácter previo á finalización dos contratos.

  • Que, ou ben o Ministerio de Facenda ou ben as CCAA, deberán visar as remunicipalizacións.

  • Que esta norma tiveera carácter retroactivo.

Estas emendas, que se poden consultar na seguinte ligazón https://goo.gl/UiT5Kz, buscan engadir burocracia aos procesos de municipalización. Ao mesmo tempo, provocar que os procesos queden en mans dos organismos competentes en materia da defensa da competencia, especialmente nos casos de monopolio do servizo. Quedarán tamén supeditados ao visado de outras administraciones. E a incorporación dos traballadores e traballadoras subrogados será feita tendo un impacto na taxa de reposición e, por tanto, consumindo oferta pública, xa de por sí limitada polas sucesivas Leis Xerais dos Orzamentos do Estado.

As emendas que presentan estes dous partidos políticos buscan paralizar os procesos de internalizacións, xa que nas Leis de Orzamentos aprecen recollidas sempre limitacións no incremento do cadro de persoal e na masa salarial. Tamén pretenden oblrgar a convocar como indefinidas prazas de cobertura temporal. Establéce carácter retroactivo das medidas, isto significa que se obrigaría a refacer (e previsiblemente anular) procesos de internalización xa finalizados.

En definitiva, estas emendas pretenden baleirar de contido a autonomía local, quedando os municipios como delegacións administrativas sen capacidad e de decisión en mans do estado central ou, como moito, da comunidade autonómica. Tamén subordinan os dereitos das traballadoras e traballadores, a aplicación da lexislación laboral e o respecto aos dereitos da cidadanía a acceder a servizos públicos de calidade.

Por este motivo, os concellos de Barcelona, ​​Madrid, A Coruña, Santiago, Ferrol, Zaragoza, Cádiz, València, Valladolid e Terrassa piden que estas emendas sexan retiradas para manter a autonomía municipal.

Esta nova reivindicación da autonomía local ten lugar despois de que o pasado 17 de maio os Concellos de Madrid, Barcelona, ​​València, Zaragoza, Valladolid, A Coruña, Ferrol, Valladolid, Cádiz e Terrassa xa presentarán unha declaración municipalista para denunciar as ameazas que suporía á autonomía local e ao financiamento local do entón Proxecto dos Orzamentos xerais do Estado para 2017. Neste momento, Concellos de distinto signo político acudiron ao Congreso para facer oír a súa voz e reclamar ás forzas parlamentarias que protexeran a autonomía local.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s