Ferrol será o escenario de dúas probas de Triatlón o 29 de xullo e o 5 da agosto #DeporteFerrol #Triatlón

Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro Suso Basterrechea presentou xunto ao presidente do Club Triatlón Ferrol Jose Antonio Formoso, presentaron as dúas probas de Triatlón que terán como escenario a nosa cidade.

O concelleiro de deportes comezou a súa intervención subliñando que “esperamos un seguemento masivo para unhas probas e un deportes que ten moito apoio na cidade e unha longa tradizón” e aproveitou a ocasión para felicitar os Club Triatlón Ferrol “polo últimos logros e éxitos acadados como xa é costume”.

Pola súa banda o presidente do Club Triatlón quixo aproveitar a ocasión para “agradecer o apoio do Concello, xa que sen este apoio sería imposible conseguir estes éxitos e seguir nun alto nivel de excelencia”

A primeira delas que será o día 29 de xullo correspondente á probra galega do Campionato Galego de Triatlón Categorías Menores e saíran dende o Peirao de Curuxeiras sendo a primeira proba a da categoría Benxamín ás 10.30 h e a última ás 12.30 h na categoría de cadetes. Nesta proba participarán uns 310 triatletas entre as 4 categorías, que son o total

A segunda proba terá lugar o 5 de agosto que será o XVII Cidade de Ferrol que terá tamén saída do Peirao de Curuxeiras ás 16.00 h unha proba a que está prevista que asistan algúns dos mellores triatletas do momento e que contará ademais cunha carreira popular e unha proba para a categoría de benxamíns e alevíns.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s