Este venres Ferrol Vello viaxará ao Medioevo #FeiraMedieval #Festas #FerrolVello

 Esta mañá o concelleiro de Turismo e Festas Suso Basterrechea presentou o programas da nova edición da Feira Medieval que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto de 2017 e que contará “ cun programas dos máis completos dos últimos anos” tal e como subliñou o concelleiro Suso Basterrechea.

A Feira terá o seu pistoletazo de saída o vindeiro vernes ás 18.30 h co pregón que contará con Melina Alonso, campiona de España de Triatlón, aínda que o mercado medieval xa abrirá as súas portas con anterioridade, concretamente ás 12.00 h.

O concelleiro destacou “a calidade técnica da oferta deste ano” e “ que foi un concurso ao que se presentaron numerosas empresas e que resoltou escollida a empresa que segundo un xurado técnico conformado por funcionarios e técnicos especializados da súa área, a que presentou mellores características técnicas”.

Si destacou que conforme ao programa de Ferrol en Común e en coherencia co mesmo esta feira “non contará coa presenza de animais” pero que é unha edición “cargada de contido con todo tipo de actividades, obradoiros, pasarrúas, animación musical, xogos de armas, teatro entre outros reclamos”.

A feira contará con preto de 130 postos e con catro emprazamentos que serán a rúa da Igrexa onde estará o Campamento Medievel, a Alameda do Carbón a zona de expositores e obradoiros, a Praza Vella e a Rúa San Franciso. O horario da apertura será de 11 a 15.00 h e de 18 h a 24 horas. Ademais este ano a Feira contará cun Concurso de Vestimenta Medieval o sábado 5 e o domingo 6 ás 13.00 h con máis de 1000 euros en premios e vales – regalo.

Por último o concelleiro remarcou que dada a alta concentración de actividades nese mesmo fin de semana no Barrio de Ferrol Vello “o Concello habilitará aparcadoiros disuasorios, así como os desprazamentos gratuítos no Tren Turístico ademais do aparcadoiro do baixo do Mercado da Magdalena que ampliará o seu horario” aínda así Suso Basterrechea recomendou “na medida do posible evitar o desprazamento no vehículo particular para achegarse este fin de semana a Ferrol Vello”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s