Iª Edición de “Jazz de Ría ” que inundará de música ambas beiras da ría #Jazz #Música #CulturaFerrol

O  concelleiro de Cultura Suso Basterrechea e a alcaldesa de Mugardos Pilar Díaz, presentaron a primeira edición do Festival “Jazz de Ría” que nace da colaboración entre ambos concellos que pretende poñer en valor a riqueza musical e paisaxística da nosa ría. Seguindo a estela doutras colaboracións entre concellos como foi o caso de Vai de Baile que tivo un gran éxito.

O festival contará con destacados músicos de Jazz e serán en total 4 concertos DOUS en Ferrol e outros dous en Mugardos. Este festival terá lugar entre os días 19 e 20 de agosto e os concertos serán na sesión “vermút” en Mugardos e xa a noite en Ferrol, para tal e como dixo o concelleiro de Cultura “encher de boa música e de grandes talentos a nosa Ría”.

A alcaldesa de Mugardos pola súa parte destacou “a importancia deste tipo de colaboracións que permiten elevar o nivel da oferta cultural para os/as veciños/as sobre todo para pequenos concellos como é o caso de Mugardos”

Máis polo miúdo:

Sábado 19 de agosto

EJAZZ (Premio Martín Códax da Música)

Porto de Mugardos ás 13.00 h

Alberto Vilas Quartet (artista dos máis consolidados na escena e nomeado aos premios Martín Códax)

Porto de Ferrol ás 21.30 h

Domingo 20 de agosto

Pablo Seoane e Jose María Díaz (Pianista ferrolá de gran éxito nos mellores clubs de Jazz en compaña do gran contrabaixista cubano Jose María Díaz)

Porto de Mugardos ás 13.00 h

SUMRRÁ (15 anos de traxectoria e 5 discos editados deste trío galego considerado un dos referentes do jazz contemporáneo)

Porto de Ferrol ás 21.30 h

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s