Aprobadas e publicadas as listaxes provisionais das axudas á escolarización e bolsas de comedor para o curso 2017/18

 Esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social Saínza Ruíz, anunciou a aprobación das listaxes provisionais das axudas á escolarización e bolsas comedor para o vindeiro curso 2017/18.

Estas listaxes provisionais foron publicadas hoxe no taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web e abrirase un prazo de 10 días naturais para subsanación de erros, prazo que comezarà a contar dende mañá, é dicir o día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

Neste sentido Saínza Ruíz subliñou “o aumento substancial tanto nas axudas de comedor como nas bolsas de escolarización” pasando de “75 000 € a 83 000 € no caso das axudas á escolarización, e de 200 000 € a 216 000 € nas axudas das bolsas de comedor”.

Ademais do aumento da cuantía, outra mellora respecto ao pasado ano é a ampliación das axudas de escolarización con respecto aos beneficiairos nos que “tomouse a decisión política de ampliar estas axudas aos estudantes de 1º de bacharelato e o ano que ven estudiaremos ampliar a 1º de FP”

A concelleira aproveitou a ocasión para anunciar a solicitude por parte da área de Benestar Social das subvencións da consellería de Sanidade para levar a cabo distintos proxectos para a prevención de drogodependencias e conductas aditivias. Saínza Ruíz sinalou que estas axudas foron solicitadas para levar a cabo unha serie de programas no ámbito escolar, no famliar, así como outros programas complementarios empregando ferramentos como o cine.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s