“PAISAXES MUSICAIS” aúna música e paisaxe para a promoción turística de Ferrol

 Esta mañá o concelleiro de Turismo Suso Basterrechea xunto a Juanpa Ameneiros e Xende López impulsores da iniciativa “paisaxes musicais” presentaron en rolda de prensa os 6 vídeos que misturan os atractivos paisaxísticos do noso entorno con outro dos grandes valores da cidade, os talentos musicais locais.

En total son seis vídeos realizados por Juanpa Aneiros e producidos por Xende López, emprazados en lugares como Cabo Prior, Canido, Sta. Comba, Porto de Curuxeiras, Teatro Jofre e Monte Ventoso misturados con grupos de música locais coma Klute, Bang 74, Sandford Music Factory, Quart, Polisong, Jamie Fifthing and Cofee Breakers.

Tal como subliñou o concelleiro de Turismo Suso Basterrechea “ é unha proposta novidosa para a promoción turística de Ferrol, non só como terra de turismo deportivo ou activo, senón tamén resaltando outros valores como o musical e o cultural” do que engadiu que “ estase a vivir na cidade unha auténtica revolución cultural”

Xende López explicou pola súa parte que “falamos dun proxecto que pretende aúnar dúas potencias como son a paisaxe e a música” e agradeceu “o interese e a predisposición do concelleiro de Turismo e da Sociedade Mixta de Turismo para dar un salto adiante con esta iniciativas novidosa no ámbito da promoción turística”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s