O Programa Barrio a Barrio +Cidade voltará ao seu traballo nos barrios o 18 de setembro #Servizos #FacendoCidade

O Programa Barrio a Barrio, + Cidade que comezou en xaneiro deste ano naceu co obxectivo de mellorar a vida nos barrios, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas actuando sobre aspectos que melloren a faciana dos barrios e habilitabilidade destes.

 O pasado mes de xullo concluíron ás primeiras 11 etapas do programa Barrio a Barrio + Cidade, que realizaron diferentes actuacións nos distintos barrios, comezando pola zona urbana, no barrio de Caranza, e concluíndo en Esmelle – San Xurxo. A volta do mes de setembro o traballo continuará na zona rural, e periurbana como é o caso de San Pablo – Sta Maria , para xa rematar na derradeira etapa en Mandiá – Pazos o 23 de decembro.

Este programa levado a cabo dende a concellería de Servizos que comanda Luis Miguel Victoria Gallego, ten duración dun ano que será o tempo que leve realizar unha actuación en todos os barrios da cidade. As actuacións realizadas ata agora nestas 11 etapas, das que quedan por completar 6 máis, foron en áreas como parques e xardíns, alumeado público, augas, mobiliario urbano, limpeza de rúas, ou recollida de lixo.

Máis polo miúdo as actuacións nesas iniciais primeras etapas estiveron centradas en parques e xardíns (35%), alumeado público (15%) e augas (25%). Logo en porcentaxes algo menores xa as demandas estiveron centradas na reposición de mobiliario urbano (5%), limpeza de rúas (11%) ou recollida de lixo (9%).

Dende a concellería de servizos valorouse de xeito positivo esta primeira fase xa que conseguiuse ter un contacto directo coa veciñanza recollendo as súas demandas, e na medida do posible fixeronse fronte a estas.

Máis polo miúdo as datas e etapas son as seguintes:

1

Caranza

3 semanas

2 de xaneiro- 22 de xaneiro

2

Esteiro – Telleiras

3 semanas

23 de xaneiro – 19 de febreiro

3

Recimil

2 semana

20 de febreiro – 5 de marzo

4

Ultramar

2 semanas

6 marzo – 19 de marzo

5

Centro

3 semanas

20 de marzo – 9 de abril

6

Canido

2 semanas

10 de abril- 23 de abril

7

Ensancha A

2 semanas

24 de abril – 7 de maio

8

Ferrol Vello

2 semanas

8 de maio – 21 de maio

9

Covas – Marmancón

2 semanas

22 de maio – 4 de xuño

10

Doniños – Fonta Outeiro

2 semanas

5 de xuño- 18 de xuño

11

Esmelle – San Xurxo

2 semanas

19 de xuño – 30 de xuño

VERÁN

12

San Pablo – Santa Mariña

3 semanas

18 de setembro – 8 de outubro

13

San Xoán -Bertón – Santa Icía – O Boial

3 semanas

9 de outubro – 29 de outubro

14

A Malata – A Cabana – Valón – Brión

2 semanas

30 de outubro- 12 de novembro

15

A Graña – San Felipe

2 semanas

13 de novembro – 26 de novembro

16

Serantes – Viladóniga – Vilasánchez

2 semanas

27 de novembro – 10 de decembro

17

Mandiá- Pazos

2 semanas

11 de decembro . 24 de decmbro

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s