Aprobadas no Pleno Extraordinario a proposta de modificación do anexo de subvencións nominativas da área de Cultura

 Esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Ferrol tivo lugar o Pleno extraordinario no cal foi aprobada a Proposta de modificación do anexo de subvencións nominativas da área de cultura para o ano 2017.

A devandita proposta contou cos votos a favor do grupo municipal do PSOE, Ciudadanos e do grupo de goberno, e coa abstención do Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego co cal este único punto da orde do día saíu adiante con 10 votos a favor e 11 abstencións.

Nesta proposta de modificación de anexo de subvencións nominativas que se levou a pleno increméntase a contía para a entidade Toxos e Froles e son recollidas dúas novas subvencións no suposto das Meninas de Canido e do Ateneo Ferrolán.

No caso de Toxos e Froles o importe pasa de 8 000 € a 13 000 €, polo incremento das súas actividades e terá como obxecto a organización de xornadas e coloquios de Cultura Aberta.

No caso das Meninas de Canido son 10 000 € previstos para o Festival das Artes das Meninas de Canido que terá lugar no fin de semana do 2 e 3 de setembro. Por último o Ateneo Ferrolán cun importe de 15 000 € para custes de mantemento das instalacións da súa biblioteca ademais da organización de diversas actividades culturais que organiza esta entidade

O concelleiro de Cultura Suso Basterrechea subliñou “o importante labor que desenvolven estas entidades na vida cultural de Ferrol e polo tanto a importancia de que se aprobara esta proposta elevado ao pleno”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s