O alcalde Jorge Suárez presenta o novo vehículo do Parque de Bombeiros #Seguridade #Bombeiros #FacendoCidade

Esta mañá diante do Pazo municipal o alcalde da cidade Jorge Suárez presentou o novo vehículo do Parque de Bombeiros. Este novo vehículo tal e como explicou o alcalde Jorge Suárez “ vai permitir realizar traballos en zonas de difícil acceso onde polas súas dimensións ou características non poden acceder os camións”.
Ademais é moi axeitado para transportar distintas ferramentas necesarias para o desenvolvemento do traballo tanto na extinción de incendios como noutros casos onde se require a actuación do corpo de bombeiros. Trátase dun vehículo de mando de carácter auxiliar para actúar sobre todo en camiños non accesibles achegando ferramentas e persoal.
Máis polo miúdo o vehículo de mando tipo pick up, Ford Ranger de 118 kW, con 5 plazas con capota extraíble en zona de carga. Está equipado con ponte de luces prioritarias con altavos integrado, cabrestante de arrastre de 3625 kg, con gacho de arrastre e arcón de caixa para ferramentas e material de primeiros auxilios. O custe do vehículo foron case uns 35 000 € e custeado con medios propios do Concello.
Jorge Suárez rematou a presentación dicindo que “este vehículo mellora a capacidade do corpo de bombeiros nas súas actuacións” xa que “amplía as súas posibilidades de actuación” Este vehículo engadiu o rexidor “ven a complementar a flota de vehículos ademais doutras medidas como adecentar o local sede dos bombeiros ou melloras materiais sobre todo no referente aos EPI´s”
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s