O Concello de Ferrol garante o cumprimento das especificacións precisas para o distintivo de Bandeira Azul

A pasada semana chegou ao Concello un informe de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor) e FEE (Fundación de Educación Ambiental) respecto a unha serie de recomendacións e melloras para implementar nas praias do noso Concello que teñen o distintivo de bandeira azul.

Con este motivo ademais de implementar aquelas melloras que foran precisas, o concello enviou as pertinentes alegacións e informes respectos dalgunhas das demandas que se solicitan non devandito informe dado que algunhas non son de competencia municipal, senón que son doutros organismos entre ellas a Xunta de Galicia e outras demandas xa estaban previstas ou feitas polo que tales solicitudes xa estaban resoltas na data na que chegou o informe ao Concello.

Dende o goberno municipal estamos a traballar a reo para subsanar aquelas outras deficiencias como son a limpeza de grafittis ou a reparación dalgunha pasarela, así como atender aquelas outras recomendacións que si son de competencia muncipal. Respecto a outras cuestións como a equipación dos socorristas estes xa dispoñen dende o comezo da campaña do material de rescate acuático preciso e response todo aquel material (bandeirolas, sombrillas, etc) que sufran dano polo uso.

Respecto a limpeza das praias esta tamén se realiza con total normalidade e é de carácer diaria axustándose as recomendacións da Xunta de Galicia e da SGHN naqueles arenais da Rede Natura 2000 con especies especialmente vulnerables como é o caso da píllara das dunas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s