O Concello de Ferrol diminúe ata o límite legal permitido a porcentaxe para o copagamento polos usuarios das axuda de asistencia no fogar #BenestarSocial #AxudaADomicilio #FacendoCidade

Hoxe na mañá en rolda de prensa o alcalde de Ferrol Jorge Suárez, xunto coa concelleira de Benestar Social Saínza Ruíz presentaron a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda no fogar e asistencia domiciliaria.

O establecemento deste copago ven esixido pola normativa autonómica establecida no Decreto 99/2012 de 16 de marzo polo que se regulan os servizos comunitarios e o seu funcionamento e o Decreto 149/2013 do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, nos que se determina dende a Xunta de Galicia o establecemento dunhas serie de taxas na que os usuarios en base o IPREM financien unha parte deste servizos.

Tanto o alcalde de Ferrol Jorge Suárez como a concelleira de Benestar social expresaron a súa posición contraria ao “establecemento deste tipo de copagos”, pero sendo de esixencia autonómica “optamos por diminuír a porcentaxe ata o mínimo legal esixido dadas ademais as especiais circunstancias da nosa cidade en canto ao envellecemento e o impacto que a crise económica tivo na economía das persoas maiores” subliñou a concelleira Saínza Ruíz.

Así a concelleira de Benestar Social explicou que no Decreto da Xunta establecense 5 tipos de tarifas en base ao IPREM cunhas porcentaxes mínimas e máxima a aplicar e que no caso da “ordenanza reguladora do Concello optamos pola porcentaxe máis baixa para evitar o carácter recaudatorio e diminúir a incidencia na economía das persoas usuarias” así unha persoa “que cobre 476,12 € ata agora pagaba unha tarifa de 2,59 € por hora e agora pasará a pagar 1.30 € ou que suporá un aforro entorno a uns 70 €”. Actualmente subliñou Saínza Ruíz que “hai 130 usuarios/as aínda que ten impacto en todo o entorno familiar e por suposto nas novas novas altas”.

Finalmente o alcalde Jorge Suárez sinalou que “ ordenanzas coma estas e rebaixar o custe ata o límite legal permitido reflicte unha aposta polos Servizos Socias e o noso rexeitamento contra calquera tipo de copago” pero así mesmo engadiu que “é unha medida que buscamos con todas as ordenanzas fiscais no concello aplicando os criteiros progresividade para unha maior xustiza”

Máis polo miúdo en comparativa:

Límite Decreto Xunta

Límite establecido no municipio 2014

Límite establecido na actualidade 2017

Menor do 0,80 do IPREM

0

0,00%

0,00%

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

Entre o 10% e o 30,00%

20,00%

10,00%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

Entre o 20% e o 50,00%

40,00%

20,00%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

Entre o 40% e o 70,00%

60,00%

40,00%

Maior de 2,5 IPREM

Entre o 60% e o 90,00%

80,00%

60,00%

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s