Volve “Setembro” para despedir o verán con música e son #Música #Mocidade #FacendoCidade

 Esta mañá a concelleira de mocidade Saínza Ruíz presentou a nova edición e por segundo ano consecutivo o Festival de Música Indie Setembro, que como afirmou a concelleira “pon o broche das festas para un fin de semana repleto de actividades coas Meninas ese mesmo fin de semana”

Tal e como sinalou Saínza Ruíz “este ano esperamos ter o mesmo éxito que na pasada edición que foi un éxito de público e atraeu a xente de fora da cidade”. O motivo do cartaz de Mario Feal fai referencia a “un espazo simbólico e sentimental como é o Parque Raíña Sofía, que ademais destaca pola súa acústica e visualización como un lugar ideal para este tipo de eventos”.

O cartaz de este ano mistura os talentos locais con outros xa consolidados. A aportación local virá de man do grupo Klüte que leva xa algúns anos de andaina e xa percorreu algúns dos festivais máis importantes do país; logo será a quenda de Nacho Vega coa súa banda que é un dos artistas indepedentes máis recoñecidos dentro do panorama musical español e ademais esta será a única actuacións deste intérprete en Galicia.

Por último Miss Caffeína que rematan en Ferrol a súa xira presentando o seu último disco Detroit que “simbólicamente ten tantas similitudes co caso da nosa cidade”. Ademais Saínza Ruíz subliñou que “é unha banda na que a mocidade está moi presente en todos os seus temas”.

Pero este ano como novidade o festival tamén contará coa presenza de Ferrol DJ.s que amenizarán o final do festival así como os inteludios entre as actuacións. O festival dará comezo ás 21.00 h e a entrada e completamente de balde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s