A Xunta de Goberno Local inicia o procedemento para reclamar a Urbis a responsabilidade polas deficiencias de urbanización #Urbanismo #FacendoCidade

A Xunta de Goberno Local, na xuntanza semanal deste luns 4 de setembro acordou iniciar a reclamación de responsabilidade a empresa Inmobiliaria Urbis SA (actualmente Reyal Urbis, SA) polos vicios ocultos na urbanización de Fenya, no barrio de Canido. O Concello agarda que a empresa, no prazo de dez días, de resposta aos requirimentos feitos a través da Concellería de Urbanismo.

As obras desta urbanización se aprobaron en XGL no ano 2004 e foron recepcionadas polo Concello en novembro do 2006. Ate nove informes técnicos municipais en 2014 (4), en 2015 (2) e 2017 (3), a maiores dun estudo xeotécnico externo, xa advertiron das súas múltiples deficiencias.

Hoxe, o Goberno da este paso como parte do procedemento administrativo pertinente para poder acometer, de xeito subsidiario, as obras precisas no prazo mais breve para garantir a estabilidade dos terreos co reforzo do muro de contención impedindo a erosión e a entrada de auga no seu corpo, afianzando a estabilidade do terreo en toda a zona verde.

Sería unha actuación mais extensa e intensa que a que xa se acometera, de urxencia, no pasado inverno, que supuxo a demolición parcial do muro na parte alta da zona verde, para evitar a entrada de auga e a execución duns apeos provisionais de contención.

Na XGL tamén se deu conta do resolución final adoptada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (TACRC), que da a razón ao Concello de Ferrol, en relación ao recurso interposto por unha das empresas (Murat SLU) que concorrían ao contrato para o servizo de rozas de viaria se limpeza de cunetas da zona rural de Ferrol, que xa fora adxudicado pola XGL do 5 de xuño do 2017.

Este recurso forzou a Administración local a paralizar temporalmente a execución dun contrato para acometer traballos de roza moi demandados pola veciñanza e que xa fora adxudicado a unha empresa por un importe de 186.699,38 euros para dúas anualidades ao inicio do mes de xuño e buscar outras fórmulas de contratación menores e urxentes.

O pasado 29 de agosto, a Unidade de Contratación recibiu a notificación do TACRC, que ven a dar a razón ao Concello ao “inadmitir por extemporáneo”o recurso interposto por Murat contra a adxudicación do Goberno.

A xuntanza do Goberno deu luz verde ao inicio do proceso para acometer as obras de mellora de accesibilidade dos cruces de peóns, na fase III, o que abrangue un total de 248 pasos desde o Inferniño até o barrio de San Xoán, que se enmarcan dentro das actuación do POS 2017 (Plan de Obras e Servizos). O importe de licitación será de 399.694, 42 con IVE incluído.

Por último, e tamén dentro da orde do día, aprobouse unha relación de 6 facturas por importe de 32.260,95 euros por distintos servizos prestados ao Concello de Ferrol.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s