O Goberno de Ferrol inicia + RURAL, un Programa de acción e atención específica á zona rural

O alcalde, Jorge Suárez, presentaba hoxe un cronograma de traballo por áreas temáticas que implica a todas as áreas do Goberno local

O calendario iniciabase o 1 de setembro, coa presentación do proxecto a todas as entidades veciñais

A vindeira reunión, centrada en cuestións ambientais, obras e servizos, será o xoves 14 e o calendario remata na primaveira 2018

 O Goberno de Ferrol ven de presentar esta mañá +Rural, un programa de acción e atención específica a zona rural, para dar resposta as demandas de todas as parroquias do municipio cun cronograma de traballo que vai de setembro ate a primavera do 2018.

O calendario de +Rural, tal e como expoñía hoxe o alcalde, Jorge Suárez, que comparecía este mediodía en rolda de prensa acompañado dos concelleiros de Seguridade, Urbanismo e Zona Rural, iniciábase o pasado 1 de setembro cunha primeira xuntanza de traballo no local da AVV de Serantes para facer a presentación do cronograma aos propios veciños e valorar a súa opinión antes de iniciar a fase executiva de poñelo en práctica.

O calendario está organizado por áreas temáticas co ánimo de abranguer todas as cuestións que preocupan aos veciños, desde hai anos relacionados co transporte público, saneamento, beirarrúas e fochancas, novas tecnoloxías, cuestións ambientais, obras e servizos, mobilidade, cultura e festas, por exemplo, e darlles cumprida resposta na medida que fose posible con cargo aos fondos propios do Concello e buscando a implicación doutras Administración, como a Deputación provincial co PAS e o POS.

Os veciños do rural merecen a mesma atención que calquera cidadán do centro. Con este programa, e con periodicidade mensual, tratamos de artellar todas as demandas por áreas sobre un eixo temático específico para tratar de darlles resposta. Recollermos as propostas que cada asociación traslade nas súas asembleas veciñais e a través dos órganos de Participación Cidadá para darlles retorno en forma de proxectos e solucións”, manifestaba o rexedor. Jorge Suárez amosaba hoxe a súa determinación de, “por unha cuestión de xustiza e equidade, incrementar o investimento no gran esquecido de Ferrol que é o rural”

A idea deste programa foi moi ben recibido por todas as entidades e a idea é que isto transcenda mais aló deste Goberno abrindo unha canle de comunicación constante co rural, con este programa transversal que vai de outubro a primavera do 2018. Faremos unha avaliación dos resultados e dos investimentos ao remate do mesmo, e a maiores dos recursos propios, contamos coas achegas doutras Administracións e dos Fondos Europeos, a través do GDR Seitura 22”, explicaba o rexedor.

O cronograma de xuntanzas (achégase a programación completa) arrancaba o 1 de setembro e está previsto que remate en abril do 2018.

A vindeira reunión terá lugar o xoves 14 de setembro, no local da AVV de Valón, centrada en Obras e Medio Ambiente. O interlocutor para recoller as demandas veciñais vinculadas as súas áreas de xestión será o concelleiro Luis Victoria Gallego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s