Ferrol promocionará O Camiño Inglés entre os cruceristas neste outono #CamiñoIngles #TurismoFerrol #FacendoCidade

O 98% dos peregrinos do Camiño Inglés que selaron as súas credenciais en Compostela no 2016 partiron desde Ferrol

O Camiño Inglés a Compostela ten o seu quilómetro cero no peirao de Curuxeiras, en Ferrol Vello, onde desembarcaban historicamente desde o Medievo os barcos para os camiñantes que chegaban do Norte e do centro de Europa pola vía marítima. Neste punto do noso concello iniciase no noso municipio unha peregrinación que cruza por outros 17 municipios da provincia.

Ano tras ano, a través das Oficinas municipais de Turismo nas prazas de España e no peirao, constatamos que esta vía de peregrinaxe ten mais tirón, demanda e afluencia e conta, aínda, con moito marxe de crecemento polo seu potencial turístico e económico, tal e como avalan as estatísticas. No 2016, dos 277.854 peregrinos que selaron o seu Compostela en Santiago, 9.703 (o 3,49%) fixeron o Camiño Inglés e practicamente o 98% (9.478) saíron desde Ferrol.

A Oficina de Atención ao Peregrino de Ferrol contabilizou un total de 2.694 peregrinos nos meses de xullo e agosto deste ano 2017. A súa procedencia foi mais internacional que estatal, destacando particularmente a presenza de italianos (800), seguidos de cidadáns de Reino Unido, Estados Unidos e Alemaña.

O Goberno de Ferrol estima que esta corrente ascendente na chegada de peregrinos a Ferrol pola vía do Camiño Inglés contribúe ao desenvolvemento económico da cidade e pula pola consecución dun albergue no antigo edificio de Aduanas, da fachada marítima tratando de implicar, tamén, a Deputación provincial.

Desde a Oficina de Atención ao Peregrino de Curuxeiras, apuntan que boa parte dos camiñantes que inician o Camiño Inglés na cidade adoitan facer noite nalgún hotel/hostal, ademais de facer compras e gasto nos establecementos de hostalaría do municipio, antes de lanzarse a percorrer os algo mais de 110 quilómetros do Camiño, a pé, en bici ou a cabalo.

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, a través da Empresa Mixta, vai facer fincapé nos vindeiros meses na promoción do Camiño Inglés por distintas vías, unha das liñas de acción pasa por informar aos cruceristas sobre o Camiño Inglés, con guías oficiais de turismo ataviados ao xeito dos peregrinos como reclamo.

Esta actividade, que xa se probara con boa acollida nos días 5 e 27 de xuño, coincidindo cos escalas de Arcadia e Oriana, e vaise repetir nos días 8 e 22 de setembro coa pasaxe dos Adonia (1.100 persoas) e, novamente, do Oriana, que volve a recalar no porto de Ferrol.

———————–

Achegamos tamén a ligazón a outra das accións promocionais que se desenvolveron na promoción do Camiño Inglés, a través deste vídeo que pode visionarse na canle de Ferrol Turismo e na web Tusdestinos.net. 

https://youtube/PRMSgr5GRCw

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s