O Concello de Ferrol leva retirados 233 niños de vespa velutina desde xaneiro #BombeirosFerrol #Velutina#FacendoCidade

Ferrol é un dos concellos galegos que mais activamente combate esta praga invasora

No que vai de 2017, o corpo de bombeiros do parque de Ferrol atedeu 357 alertas e retirou 233 con medio propios

Desde o 1 de xaneiro do 2017, o corpo de bombeiros do parque de Ferrol levan retirados 233 niños de vespa velutina, unha especie invasora, localizados no termo municipal. De feito, Ferrol é un dos concellos galegos onde mais activamente se combate esta praga de acordo aos datos que figuran na páxina web da Administración galega sobre este asunto que causa fonda preocupación entre a veciñanza.

En total, no que vai de ano, os bombeiros recibiron 357 alertas por niños para inspección dos que foron retirados 233. No conxunto do ano 2016, o número de incidencias por velutina (inspección e retirada) foi de 460 nos 12 meses.

O concelleiro de Seguridade, Álvaro Montes, e o xefe do corpo de bombeiros do parque de Ferrol destacaron hoxe novamente que combater a velutina no termo municipal é un esforzo que asumen, maioritariamente, os bombeiros da cidade con medios municipais malia que a competencia da loita contra as especies invasora é autonómica e reclaman da Xunta de Galicia mais apoio económico, en persoal e de medios para combater a velutina e os seus efectos nocivos no medio.

Achegamos un cadro co detalle das intervencións por meses do ano 2017.

A Xunta de aporta tres traxes mentres que outros tres proceden do Consorcio Provincial Contra incendios da Deputación. O Concello asume os gastos de gasoil -cun incremento de 500 litros por mes- e das pértegas (2.000 euros), ademais de materiais e insecticidas e aportar o persoal formado para levalo a cabo.

¿QUÉ FACER SE SOSPEITA DA PRESENZA DUN NIÑO DE VESPA?

Se vostede detecta ou sospeita da presenza dun niño, pode chamar ao 012, a 112, o ben, a Oficina de Atención a Cidadanía (OAC) do Concello de Ferrol -981 40 00 00- para proporcionar os datos, que se lle transfiren ao parque de bombeiros para que procedan a erradicalo no prazo mais breve posible, en función da súa carga de traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s