Oquestrada, Eliseo Parra, O ‘Niño de Elche’ e Mumbamba, protagonistas da IIIª Edición do Ciclo ‘NA RAÍZ’

Este ciclo, que afonda na música tradicional desde unha óptica moderna, é unha das apostas mais fortes e mimadas da Concellería de Cultura para o outono

Haberá un concerto ao mes de setembro a novembro, sempre os venres as 21:00 horas no teatro Jofre coas entradas a un prezo único de 10 euros

Na raíz celebra este outono 2017 o seu terceiro cumpreanos con catro convidados de excepción: a banda lusa Oquestrada, un son cosmopolita que se inspira na memoria musical de todo un país, Eliseo Parra, todo un referente do folclore ibérico, o ‘Niño de Elche’, un cantaor atípico cun estilo moi persoal que mistura cante e performance, e Mümbana, poeta e multinstrumentista natural das Ilhas Bijagos, en Guinea Bissau, con 10 discos as súas costas que ven de xirar por escenarios de Europa e América cunha grandísima acollida a súa viaxe polo sons de África.

A terceira edición do ciclo Na Raíz foi presentado este mediodía polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

É unha das apostas mais fortes que se fixeron desde a Concellería de Cultura, tanto por novidosa como pola súa curiosa e coidada combinación da música tradicional e de raíz, coa modernidade e a vangarda na súa interpretación. O resultado e a III edición dun proxecto particularmente mimado que está a ter tan boa acollida do público e da crítica como o recoñecemento na escena cultural do Estado.

É un ciclo propio e moi ambicioso ao que lle teño moito cariño porque fala da tradición desde a modernidade”, manifestou o concelleiro, que subliñaba o excelente nivel artísticos dos catro músicos que dan forma a esta III edición na que, unha vez mais, o deseño do cartel é obra de Elga Fernández.

Todos os concertos serán os venres as 21:00 horas a un prezo único de 10 euros no Teatro Jofre. Achegamos a programación completa e unha breve reseña dos artistas.

PROGRAMACIÓN

MÛ MBANA

Guiné-Bissau

15 de Setembro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€

Natural da illa de Bolama en Guinea-Bissáu, medrou influenciado polos cantos das mulleres dos grupos étnicos Brame (Mancanha) e Bijagos (Bidjugu). Multinstrumentista, compositor e poeta, a madurez da súa música e os instrumentos que o acompañan (cordas tradicionais) son como un reflexo material da súa alma viaxeira e tranquila. Con 10 discos xa editados e miles de escenarios de África, América e Europa ás súas costas, achégase agora ao Jofre para presentarnos a súa proposta máis íntima, unha viaxe polos sons africanos. Pura maxia.

OQUESTRADA

Portugal

20 de Outubro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€

Un son único e cosmopolita inspirado nas raíces da música popular portuguesa”.

O destino fixo que Marta e Pablo se encontraran á volta do camiño. Ela lisboeta, actriz durante anos, percorreu co seu canto os escenarios dunha Lisboa escondida e noctámbula: cafés, restaurantes e tascas caboverdianas onde acontecían as longas noites fadistas. Pablo medrou nos suburbios de París achegado á comunidade portuguesa, que o vía partir cada verán. Un día decidiu acudir ao encontro do seu Portugal imaxinario e así naceu unha aventura humana e artística que ten por esencia a memoria colectiva dun país en transición.

ELISEO PARRA

10 de Novembro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€

Eliseo Parra é unha das figuras máis representativas do folclore ibérico. Leva adicado á música desde os anos 60, pero foi na década dos 80 na que comenzou a investigar e estudiar a música tradicional castellana. Os seus discos inspiraron a todos os novos intérpretes folk, xa que o seu xeito de innovar a partir das recolleitas de canto tradicional é un referente.
Acompañado por Xavi Lozano e Josete Ordóñez, presentaranos o repertorio do seu último disco pero tamén fará un repaso polo seu repertorio máis significativo.

NIÑO DE ELCHE

15 de Decembro de 2017

Hora: 21h00

Entradas: 10€

Niño de Elche é un cantaor atípico, un artista multidisciplinar que combina o cante flamenco coa performance, a poesía, a libre improvisación, o minimalismo, o rock ou a electrónica.
A súa discografía é tan dispar que non saberíamos clasificala, pero sen dúbida quedámonos con este último “Voces del extremo”, un disco brillante, singular e arriscado que está conquistando a público e crítica especializada por igual.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s