O Goberno levará a pleno un regulamento da xuventude froito do consenso con entidades e grupos #Mocidade #Regulamento #CasaDaXuventude #FacendoCidade

A Comisión Informativa de Benestar Social, Muller, Igualdade e Xuventude, abordou na xuntanza ordinaria deste xoves a proposta de Regulamento de uso da Casa da Xuventude do Concello de Ferrol, un texto froito do consenso que incorpora as achegas feitas polos grupos da oposición e das propias entidades do municipio e que será elevado ao vindeiro pleno.

Así o manifestaba hoxe a concelleira de Mocidade, Saínza Ruiz, logo de manter na tarde de onte unha xuntanza cunha ducia entidades xuvenís -desde o sindicato de estudantes, asociación de xoves empresarios,.. -do termo municipal nas dependencias da Casa da Xuventude, na rúa Almendra, 9.

Nesta comisión xa quedaron incorporadas as achegas feitas por PSOE, BNG e C´s, e quedan pendentes as ultimas do grupo PP, antes de convocar unha comisión extraordinaria a vindeira semana para o seu ditame, como paso previo a o seu debate plenario, coa vontade de que sexa unánime y favorable”, manifestaba a concelleira.

O goberno local ten a intención de sometelo ao refrendo do pleno na sesión ordinaria de finais de setembro coa vontade de acadar a unanimidade, como disparador para recuperar a xestión da Casa directamente para a mocidade, con autoxestión, recollendo a través dunha canle directa coa concellería nun espazo diverso e común para desenrolar iniciativas.

Esta proposta de Goberno, na que teño especial vontade, debe servir para que a mocidade volte a respirar ilusión”, manifestou, logo de agradecer as achegas feitas pola oposición municipal e polas propias entidades”que xa teñen ganas de estar na casa da mocidade”.

Lembrar que a Casa da Xuventude de Ferrol é un equipamento público de titularidade municipal cuxa finalidade é fomentar o encontro, a información, a comunicación, a dinamización do ocio e o tempo libre, favorecer a formación integral da Xuventude e promover o asociacionismo.

Os obxectivos específicos que persegue este Regulamento pasan por:

-Proporcionar espazos para o encontro, a interrelación e a dinamización sociocultural da poboación xuvenil.

-Ofrecer información, asesoramento e formación nas materias que a xuventude requira.

-Ofertar un amplo abanico de recursos e actividades de ocio e tempo libre,

propiciando dende unha prespectiva de prevención hábitos cívicos e saudables.

-Favorecer a participación xuvenil a través do apoio e fomento do tecido asociativo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s